
Ponteareas | Ponteareas acolleu neste 2025 unha iniciativa pioneira e emocionante, un obradoiro interxeracional deseñado para eliminar barreiras e crear pontes entre as persoas xordas e oíntes da Comarca. Persoas participantes de todas as idades traballaron xuntas, tecendo unha rede social e humana para crear lazos máis fortes, unindo experiencias e linguas, formando unha única comunidade inclusiva.
Esta iniciativa organizada pola oficina de voluntariado municipal, no seu programa de voluntariado senior, e grazas ao impulso da consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, que financiou parte do proxecto, dunha voluntaria xorda signante oralista -Ana-, un voluntario xordo senior da nosa comarca- José Luis- , máis outros voluntarios e voluntarias séniors que queren aprender a lingua de signos, estudantes de comunicación mediática, a ciudadanía en xeral eo impulso do Concello que lidera Nava Castro, buscou ir mais alá da mera sensibilización.
O propósito final , ambicioso e necesario, construíndo unha Ponteareas máis cohesionada, onde a diversidade lingüística e sensorial sexa unha riqueza colectiva máis da nosa Comarca. O éxito pola gran participación deste obradoiro, apoiado polo Concello de Ponteareas , abre as portas a futuras edicións, quedando previstas reunións quincenais e proxectos continuos na Vila, consolidando este espazo como un punto de partida para lograr que todas e todos os ponteareáns se sintan parte dunha mesma e única rede social, feita de respeto, igualdade e humanidade.




