Vilar de Santos quere un aparcadoiro para autocaravanas

Turismo de Galicia potenciará proxectos de proxección turística

Ourense | O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, mantivo un encontro co alcalde de Vilar de Santos, Marcos Nogueiras, con quen repasou distintos proxectos de proxección turística deste municipio ourensán e a zona da Limia.

En concreto, o alcalde informouno da intención do goberno local de dotar este municipio cunha zona de aparcamento para autocaravanas no antigo campo de fútbol municipal co fin de potenciar este tipo de oferta turística.

Ademais, abordaron outros atractivos deste concello como o sendeirismo, o pulo das rutas BTT e tamén a riqueza da oferta gastronómica local. Finalmente, destacaron as propostas de turismo cultural vinculadas ao Museo Etnográfico da Limia e as distintas posibilidades derivadas do comercio artesanal da vila.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.