A Peroxa | O Concello da Peroxa organiza, xunto coa Fundación Neuroburgas Dano Neurolóxico, a oitava edición da Andaina Solidaria. Este evento benéfico terá lugar o domingo 12 de outubro, con saída da Praza do Concello ás 09:30 horas.
Presentouse o cartel oficial no edificio da Deputación nun acto cheo de compromiso, deporte e ilusión. Asistiron Manuel Seoane, alcalde da Peroxa; José Manuel Blanco, concelleiro do Concello da Peroxa; Quique Álvarez, asesor de política deportiva da Deputación de Ourense e Delfín Campos, presidente da Fundación Neuroburgas.
A inscrición ten un custo de 8€, dos cales 5€ irán destinados á Fundación Neuroburgas, que
axuda, apoia e asesora a persoas e familiares que presentan dano neurolóxico. Tamén haberá a opción de Fila 0, para os que queiran contribuír a causa se non poden participar no evento. A inscrición farase na páxina web de CCNorte.
Nesta andaina solidaria os participantes poderán elixir entre unha ruta de case 8 quilómetros e outra de 20 e terán avituallamento durante a ruta, ademais de música, pinchos e sorteo ao remate.