Unhas 300 persoas apoiaron ás traballadoras do SAF de Ponteareas

A manifestación partiu do Centro de Saúde ata a Casa do Concello

Ponteareas | O Comité das Traballadoras do Servizo de Atención ao Fogar (SAF) de Ponteareas convocou este 16 de outubro unha manifestación para esixir a resolución das súas demandas laborais.

Neste sentido, o Comité asegurou que seguirá coa folga indefinida convocada dende o pasado 26 de setembro ata que a empresa concesionaria Óbolo marche de Ponteareas.

Á convocatoria acudiron unhas 300 personas, entre eles representantes de partidos políticos da oposición como o BNG, o PSdeG-PSOE, Ponteareas en Común e sindicatos como a CIG. Tamén estiveron presentes a veciñanza, familiares de usuarios e auxiliares do SAF tanto de Ponteareas como da Cañiza, O Covelo, Mos, O Porriño, Vigo e Redondela. A manifestación partiu do Centro de Saúde pasando pola estrada de Mondariz e a Avenida Galicia ata a Casa do Concello. O pasado 14 de outubro celebrouse un pleno extraordinario da Corporación Municipal, na que o goberno tripartito conformado polo PP, ACiP e IP reafirmou a súa decisión de non municipalizar o SAF, unha demanda das traballadoras e dos partidos da oposición.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina. Redactor Xefe de "Foro A Peneira" e "Novas do Eixo Atlántico".

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.