Unha senda chea de vida polo río Caselas

Salceda de Caselas | O novo proxecto de senda verde na marxe do río Caselas será un proxecto posible grazas ao compromiso adquirido polo Alcalde Marcos David Besada Pérez e Francisco Marín Muñiz Presidente da Confederación Hidrográfica Miños-Sil o 26 de Abril do presente ano, onde ambos comprométense a asinar o Convenio.
O Concello de Salceda de Caselas ten previsto aprobar nos orzamentos deste ano unha partida do 20% (29.178 euros) do investimento total que ascende a 145.889,06 no marco dun convenio de colaboración ente ambos organismos, correspóndendolle o 80% á Confederación Hidrográfica.
En vistas de que o próximo 28 de xuño se vai a celebrar a Junta del Consejo de Agua en Madrid, coa presencia do Ministro de Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, co obxecto de resolver problemas recurrentes na parte baixa do Río Miño e aproveitar as últimas partidas de fondos que a Comunidade pode percibir, para incluir o “Proxecto de Recuperación Ambiental e Senda Peonil no río Caselas Termo Municipal do Municipio de Salceda de Caselas”, tal e como se pactou na devandita reunión e asinar o convenio de colaboración.
Este novo tramo conectará a senda do Río Caselas xa existente que vai dende o Rubal ata As Pontes cunha extensión de 2.300 metros, coa nova senda que contará cunha extensión de 1.160 metros de lonxitude e que albergará o tramo comprendido entre As Pontes ata As Regadas. Dende o Goberno xa se puxo a disposición dos terreos que formarán parte da nova senda, sendo un total de 126 as parcelas que integran a marxe da nova senda.
Na senda do río recuperada conseguiuse incrementar o seu estado de conservación onde se realizan controis de calidade de auga con bastante periocidade. Obxectivo que se persegue para o novo tramo onde se realizará a eliminación nas marxes de especies invasoras, a plantación de árbores de ribeira, ademáis de eliminar vertedoiros incontrolados de lixo. Para que abunden as especies que conforman o hábitat ripícola como son o salgueiro, amieiro, etc ademáis da presencia dun sotobosque conformado por fentos femia, fentos reais, etc. Con isto consíguese a recuperación da fauna autóctona deste tipo de ecosistemas mantendo as poboacións de peixes, anfibios, aves, mamíferos, etc.