Unha improvisación máis no goberno municipal de Baiona

A Baiona que debe ser non está na mente do Partido Popular

Baiona/BNG | Unha vez máis o Goberno munipal do Partido Popular en Baiona demostra realizar unha política de dar tumbos e non ter unha idea clara e definida da Baiona que debe ser. Desta vez rebélanse creadores dun novo conflicto na regulación de usos da avenida de Xulián Valverde en Sabarís.

A mellora da Avenida Xulián Valverde foi un proxecto impulsado e presentado polo Bloque Nacionalista Galego que o Partido Popular adoptou, mais con deficiente execución. Non contentos con executar problemáticamente as obras na súa primeira fase, cos conseguintes perxuizos sin compensación para o comercio da zona, colocaron uns bolardos disuasorios resultaron ser unha fonte de conflictos.

A idea orixinal por parte do BNG para a mellora do entorno era transformar unha estrada adicada ao tránsito de vehículos co fin de crear unha avenida para o uso e disfrute peatonal, ao mesmo tempo que se aplicaba unha adecuación á celebración do mercado semanal.

Toda adecuación de avenidas, denominada habitualmente humanización, conleva unha serie de actuacións paralelas para que o cambio na súa concepción sexa progresiva e non xenere tensión entre vehículos, transeúntes e comercio.

Xa que logo, a instalación de bolardos disuasorios non é máis cun parche debido a que o goberno do Partido Popular ter unha concepción negativa da mentalidade do veciño, sumado á falta de formación e información a todos os afectados e afectadas.

O Bloque Nacionalista Galego sí que ten claro cal é o modelo da Baiona que debe ser. Por iso demanda do Goberno municipal que suprima todas as barreiras na Avenida Xulián Valverde e non as substitúa por un novo foco de conflicto, sinón pola concienciación colectiva na que se integren colectivamente a veciñanza, a pé ou en vehículos rodados, e o comercio tanto local como ambulante. Só así esta avenida poderá convertirse nunha arteria dinamizadora da parroquia de Santa Cristina.