Un positivo e un recuperado segundo os tests de diagnóstico rápido mercados polo concello da Cañiza

Os tests foron comprados para realizar as probas ás traballadoras do servizo municipal do SAF

A Cañiza | O Concello da Cañiza adquiriu por conta propia e realizou esta maña os tests de diagnóstico rápido Covid 19 ás 13 traballadoras do servizo de axuda no fogar e a traballadora social, a través da súa empresa de prevención da saúde.

Como resultado, tivemos coñecemento de que unha auxiliar do SAF deu positivo en covid19 quedando pendente de que o Sergas lle realice a proba PCR. A traballadora atópase ben e non presenta síntomas. A outra auxiliar presentou anticorpos, é dicir, tivo infección pero está pasada e curada. Ante esta situación, o Alcade solicitou que servizos sociais fixerá un rastreo dos domicilios dos usuarios das dúas traballadoras para coñecer a situación de cada un.

As dúas traballadoras que deron positivo tiñan en común un único usuario. Cando a auxiliar que atendía a este usuario enfermou e solicitou baixa, foi sustituida por outra compañeira que hoxe tamén deu positivo e está xa en cuarentena. A traballadora actualmente en cuarentena soamente tiña un usuario.

En consecuencia, o Alcalde solicitou a servizos sociais un informe exhaustivo de todo este proceso que foi posto á disposición das autoridades sanitarias que forman parte do comité municipal de seguimento do coronavirus, co que día a día mantén unha estreita interacción. Tamén se deu traslado ao usuario e aos seus familiares para cumprir co protocolo existente.

Por outra banda o Alcalde informou destes casos a todos os membros da corporación municipal e aos portavoces das formacións locais.