Diversas suspicacias xeraron nos mass media e na opinión pública global o inédito encontro entre o vicepresidente de EEUU, J.D.Vance, e o defunto Papa Francisco realizado o pasado 20 de abril, 24 horas antes do falecemento do nese momento Sumo Pontífice. No que se aprecia como unha evidente toma de contacto por parte da Administración de Donald Trump ante a evidencia dun cambio de rumbo na Santa Sede, Vance estivo un par de días de visita no Vaticano onde tamén se reuníu co Secretario de Estado Pietro Parolín, posteriormente un candidato a “papable” nas quinielas vaticanas para a sucesión no “Trono de San Pedro”.
Se nos deixamos levar pola dinámica das redes sociais, a “fumata branca” deste 8 de maio de 2025 que entroniza ao cardeal estadounidense Robert Francis Prevost como o sucesor de Francisco ao fronte do Vaticano, indicaría que o lobbie “trumpista” vía visita de Vance tivo repercusión no Consello de Cardeais que finalmente elixiu ao novo Papa, un misionerio de 69 anos que adopta o nome de León XIV para ser o “Vicario de Cristo” e que fai historia ao converterse no primeiro Papa estadounidense. É tamén o primeiro Papa agustino, con sangue hispana vía materna e que durante anos tivo misión eclesiástica en Perú, país no que tamén adquiriu a súa nacionalidade. Estadounidense pero tamén latinoamericano para suceder ao primeiro Papa latinoamericano da historia. Non é pouca cousa cando a súa elección ven determinada por un Cónclave de 133 cardenais provenientes de 71 países.
A elección de León XIV implica observa como o péndulo xeopolítico vaticano móvese para tentar adaptarse a un mundo volátil e de cambios incesantes, algúns deles tan inmediatos que apenas deixan marxe para a reflexión. Na súa alocución como novo Papa nunha abarrotada Praza de San Pedro, León XIV lembrouse do legado do seu antecesor. Falou de “unidade e de paz” nunha “Igrexa pobre, que camiña cos pobres e que serve aos pobres”. Visto así, e tomando en conta o historial do agustino Prevost, son igualmente notorias as súas denuncias contra as políticas antiinmigratorias dun Trump quen, por certo, non perdeu o tempo e felicitou inmediatamente vía redes sociais ao novo Papa estadounidense.
“A elección de León XIV implica observa como o péndulo xeopolítico vaticano móvese para tentar adaptarse a un mundo volátil e de cambios incesante”
Pero non esquezamos que o Vaticano é un dos grandes centros de poder mundial. Como aparentemente ironizaba Stalin en 1935 sobre cal era o poder militar do Papa, a realidade obriga a atender que o Sumo Pontífice ten unha “lexión” de 1.300 millóns de fieis en tódolos continentes, unha sofisticada rede diplomática enraizada en 182 países e unha trintena de organizacións internacionais. No que poderíamos denominar como un sutil “soft power” de carácter relixioso, o Vaticano ten unha incidencia notable na política global, principalmente como mediador de conflitos. Independentemente do credo relixioso e ideolóxico que calquera persoa podera profesar, ninguén se atreve a cuestionar que o Papa ten unha imaxe de respecto que poucos líderes mundiais poden acoller.
Agora ben, León XIV asume un Papado en tempos convulsos, o cal non é unha novidade nos máis de 2.000 anos de poder que ten por riba o Vaticano. Pero o momento actual é inusual pola súa carga volátil e impredicible; o seu paisano Trump lanza unha guerra comercial contra case todo o mundo; China responde con expectativas a este envite; están en curso guerras en Ucraína e Gaza; mentres o Cónclave vaticano votaba o novo Papa aparecían escaramuzas bélicas entre dúas potencias nucleares como India e Paquistán; Europa bota atrás o seu “soft power” pacifista para “rearmarse” ante unha presunta “ameaza rusa”, pregoando un kit de supervivencia a súa poboación ante calquera “apocalipse” que puidera xurdir; e non contento con “arder o patio”, Trump ameaza con anexar Groenlandia e Canadá e quen sabe se México.
O novo Papa, estadounidense con raíces hispanas, fervente admirador do seu predecesor Francisco, asume o Papado en tempos turbulentos que algúns auguran como unha “III Guerra Mundial”. Deberá tamén atender outros temas clave á hora de definir o rumbo dun Vaticano cuxo péndulo transita entre o conservadurismo e as ansias progresistas. Este novo Papado deberá tomar cartas sobre o aborto, o matrimonio igualitario, a relación con outras confesións relixiosas, a bioética, o reto que implica a Intelixencia Artificial, a presión migratoria dun mundo que desdibuxa as fronteiras cando outros queren recuperalas para atrincherarse; e os escándalos sexuais e a corrupción dunha Igrexa católica con presións internas ante os vertixinosos cambios que se aprecian para este convulso século XXI.
“O novo Papa, estadounidense con raíces hispanas, fervente admirador do seu predecesor Francisco, asume o Papado en tempos turbulentos que algúns auguran como unha ‘III Guerra Mundial”
O célebre escritor francés André Malraux vaticinou que o seculo XXI “será relixioso ou non o será en absoluto”. Esta “profecía” cobra vixencia tomando en conta a atención mundial sobre quen sería o novo Papa. Nun mundo visiblemente “desacralizado” pero onde outros credos comezan a pulular, cada vez que morre un Papa, o mundo se concentra en coñecer quen será o seu sucesor e qué traerá ese novo Papado. León XIV fai historia pero deberá tamén ter presente o peso da historia que se lle esixe como novo Papa nun mundo cada vez máis en guerra.