“Sendero Azul” para o Paseo do Louro

O Concello de Mos recibiu por segunda vez esta distinción

Mos | O Concello de Mos volveu a conseguir o distintivo Sendero Azul 2026 ao Sendeiro Fluvial do Río Louro, entre o Camiño de Gata e o Camiño Noveleda, outorgado pola Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC)

Así mesmo, Galicia consolídase como a comunidade autónoma con maior número de “Senderos Azules”, cun total de 72 itinerarios, dos cales 44 pertencen á provincia de Pontevedra. O acto oficial de entrega das Bandeiras Sendero Azul 2026 celebrarase o vindeiro 6 de marzo no Castelo de Cullera (Valencia)

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.