• Segue conectado
  • |

Salceda separa o lixo para aforrar


Salceda de Caselas | Dende o Concello de Salceda quérese incidir no elevado custe que supón para as arcas públicas á incorrecta separación dos residuos orixinados nos fogares. Para realizar a recollida de lixo, o concello de Salceda ten unha xestión directa do servizo contando con medios propios. Este servizo supón un custe de 400.000€ anuais, na recollida de residuos sólidos urbanos, dos que só se cubre o 40 % deste servizo a través da recaudación aplicada aos veciños e veciñas do municipio.
Este custe reduciríase, se todas e todos os veciños reciclasen, xa que dos servizos de recollida, o único que hai que pagar é o que ofrece o servizo de recollida externa de cartón que ven sendo de 9.000 € anuais, sendo o de vidro e plásticos gratuítos. Por outra banda o lixo que non se recicla e vai directamente ao contedor verde ascende a 122,500€.
Para iso vanse a facer reunións nas parroquias nas cais se falará sobre: o custe que implica o servizo de recollida, cómo reducir os custes a través da separación do lixo nos fogares, os diferentes puntos existentes no termo municipal de Salceda para depositar os residuos xenerados, o lanzamento de propostas de mellora e racionalización que vai a adoptar o Goberno Municipal. É moi importante incidir na importancia ecolóxica que supón realizar a separación correcta do lixo para ampliar a vida útil de moitos residuos, e evitar así a acumulación de residuos non biodegradables que son os causantes do deterioro do medio.
Para impartir as charlas contaremos coa presenza do Ténico de Medioambiente do Concello de Salceda, de Cándido Lorenzo Concelleiro de Medio Ambiente e Marcos Besada Alcalde de Salceda.
Estas reunións comezan hoxe mércores día 14 de marzo na parroquia de San Xurxo e vai a ser acompañada polas seguintes reunións nas que se convocan ás diferentes asociacións e comunidades de montes así coma a todas as veciñas e veciños que queiran asistir.
Cándido Lorenzo concelleiro de Medio Ambiente, fai un chamamento aos veciños e veciñas para que acudan a estas reunións, para así poder informar acerca das vantaxas que supón o correcto tratamento e xestión dos residuos que se xeneran, indicando como se debe tratar e depositar os diferentes residuos.
Marcos Besada asegura que “é necesario e fundamental reducir os custes no servizo do lixo, mantendo unha colaboración directa entre todos, podemos acadar un obxectivo común que conleve a un menor gasto do servizo”.

Publicado o 14 Mar 2012 en Louriña, Política, Salceda de Caselas.
AVISO: Esta entrada ten máis de seis meses dende a súa publicación. É posible que o contido esté desactualizado.
Síguenos na nosa canle en TELEGRAM

Iniciar sesión

Uso de cookies

Este sitio web utiliza as cookies para que vostede teña unha mellor experiencia de usuario.
Si continúa navegando está a dar seu consentimento para a aceptación das mencionadas cookies e a aceptación da nosa política de cookies.
Faga click no enlace política de cookies para maior información. ACEPTAR

Aviso de cookies