Ribeira Sacra vendima a primeiros de setembro

Tras iniciarse os controis de maduración na denominación de orixe

Sober | O martes, 23 de agosto, iniciáronse os controis de maduración na denominación de orixe Ribeira Sacra (D.O.R.S). Técnicas do Consello Regulador realizan estes controis en parcelas representativas das cinco subzonas da D.O. (Amandi, Chantada, Ribeiras do Sil, Ribeiras do Miño e Quiroga-Bibei) e con todas as variedades de uva acollidas á mesma.

Estes controis serven para determinar o estado da uva e axudan a establecer a data oficial que recomenda o Consello Regulador para o inicio de vendima, sen perxuízo de que algunha adega poida comezar a recollida de uva con anterioridade se as súas uvas teñen as condicións adecuadas.

O ano pasado o pleno do Consello Regulador fixaba como data de inicio da vendima, o 15 de setembro, aínda que na última fin de semana de agosto algunhas adegas comezaban coa recollida de Godello, a vendima prolongaríase ata o 20 de outubro.

José Manuel Rodríguez González, presidente do Consello Regulador Ribeira Sacra lembra que as datas de inicio das vendimas variarán moito dependendo da situación dos viñedos e das variedades de uva, tendo en cuenta os efectos das condicións meteorolóxicas das últimas semanas.

“Hai zonas onde choveu bastante coas tormentas e outras onde non choveu nada”, aclara. “Para dar unha idea, eu teño viñas en Doade e Quiroga, e nas primeiras caeron oitenta litros por metro cadrado durante ou último mes, mentres que nas outras só caeron quince litros”, especifica.

Situación sanitaria da uva
Rodríguez González comenta que “aqueles episodios foron puntuaise que se acabaron precisamente grazas a que as temperaturas pasaron con frecuencia os 35 graos centígrados. A situación sanitaria de agora é boa”, sinala.

Rodríguez advirte que o risco sanitario non desapareceu, porque se nas próximas semanas prodúcense unhas precipitacións excesivas podería aparecer a botritis. Se chove un pouco será bon, pero se chove moito de aquí á vendima teremos un problema, porque ese é un fungo moi complicado de tratar e desbordar pode arruinar unha colleita. Rodríguez González aclara que “a escaseza de precipitacións e as altas temperaturas que se rexistraron ao longo do verán influíron de diversas formas nos viñedos da Ribeira Sacra. Hai zonas nas que as cepas ou pasaron moi mal e outras nas que aguantaron mellor. Tal como sucede de forma xeneralizada en calquera territorio vinícola as cepas máis vellas e con raíces máis profundas soportaron mellor os efectos da secura e a calor que as máis novas.

As variedades de uva tinta tamén ofrecen máis resistente baixo unhas condicións meteorolóxicas como as que caracterizaron os últimos meses. Os viñedos situados nas áreas máis próximas ao Sil (desembocadura do río Lor e Os Peares) víronse favorecidos por unhas precipitacións que resultaron algo máis abundantes que noutras zonas”.