Proxecto ecoturístico “Visit Rio Minho” chega á Illa Fillaboa en Salvaterra

En colaboración coa Deputación de Pontevedra
O proxecto ecoturístico busca potenciar o aproveitamento das condicións naturais da Illa Fillaboa.

Salvaterra de Miño | O Concello de Salvaterra de Miño a través da AECT Río Miño e en colaboración coa Deputación de Pontevedra é beneficiario do proxecto “Visit Río Minho”, un proxecto ecoturístico, financiado un 75% por fondos europeos e que conta cun orzamento total de 2 millóns de euros que están sendo  investidos na preservación e valorización do territorio Río Miño transfronteirizo, o cal abarca 26 municipios galegos e portugueses.

O obxectivo de ” Visit Rio Minho” é a capitalización do río e do territorio adxacente a través de actividades transfronteirizas preservación, cualificación e valorización ambiental dos recursos endóxenos asociados á promoción e comunicación do río como destino turístico, e dentro das diferentes accións a realizar está a replantación de especies autóctonas na Illa Fillaboa, co fin de potenciar o aproveitamento das condicións naturais da Illa Fillaboa.

A través desta acción preténdese mellorar a vexetación do propio entorno e convertela nun referente de aprendizaxe do medio ambiente, pasando a ser unha visita obrigada en Salvaterra para todos os que desexen gozar da natureza do río Miño e a súa contorna.

Replantación que   complementa o resto de acción  que se levarán a cabo dentro do Proxecto Europeo Río Miño destino navegable, que busca por en valor o entorno do Miño dunha forma sustentabel.

A Illa Fillaboa, de titularidade municipal, encóntrase na desembocadura do río Tea, dentro do LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) do Baixo Miño ES114007, incluída en Rede Natura 2000, e conta cunha superficie en torno  aos 100.000m2. Nesta acción plantaranse árbores das especies: quercus suber, quercus Robur, Alnus Glutinosa, Laurus Nobilis, Fraxinus Angustifolia e Acer Pseudoplatanus.

Recepción a Cándido Carrera
Cándido Carrera, o copiloto Salvaterrense que ven de acadar o 3º posto no Rally RACC Catalunya- Costa Daurada do Mundial de Rallies con Dani Sordo, converténdose no séptimo copiloto Español da historia en facer pódium nun Mundial (primeiro Pontevedrés), visitiu hoxe á Alcaldesa do Concello, Marta Valcárcel Gómez, e ao Concelleiro de Deportes Edgar Martínez Philippon na Casa do Concello.

Este encontro prodúcese no momento máis doce da carreira do copiloto, xa que tras a recente incorporación como compañeiro de Dani Sordo, os froitos non se fixeron agardar, logrando o seu primeiro pódium nun Mundial, pondo aos seus veciños e veciñas pendentes de todas as canles de televisión, cheos de ledicia e orgullo cos resultados obtidos.

Cándido Carrera (centro) foi recibido no Concello de Salvaterra pola alcaldesa María Valcárcel e Concelleiro de Deportes Edgar Martínez Philippon.

En verbas da Rexidora local, “é un orgullo como Alcaldesa que un dos nosos deportistas sexa o exemplo tanxible de que o éxito é posible con traballo e esforzo, ademais de modelo a seguir para os máis cativos: agora en Salvaterra, tamén se soña con chegar a ser como Cándido Carrera”.

Pola súa parte Edgar Martínez di que “ nestes tempos tan complexos derivados dunha crise sanitaria mundial que afecta de xeito moi directo tamén ao deporte, están saíndo outros deportistas locais ademais de Cándido con resultados moi importantes a nivel nacional, polo que fala moi ben dos hábitos saudables e disciplinados dos nosos e das nosas deportistas”.

Así mesmo, O Concello agradece a Cándido o tempo e a conversa mantidos, desexándolle sorte e novos éxitos na súa carreira, esperando dar máis novas coma esta en pouco tempo.