“Preto de ti! Mulleres artistas a pé de rúa” achegará a arte ao rural de Tomiño

Informou Conchi Garrido, comisaria da mostra

Tomiño | “Preto de ti!. Mulleres artistas a pé de rúa”, a exposición de arte contemporánea feminina que estará nos PIM (Puntos de Información Municipais) das 15 parroquias tomiñesas durante todo o mes de marzo, pretende chegar a arte feminina á xente de a pé, e o mesmo tempo solventar o obstáculo da gran dispersión do rural tomiñés.

Así o explica a artista Conchi Garrido, comisaria da mostra incluída na programación de actos conmemorativos do Día da Muller. “O obxectivo é facilitar a accesibilidade ao circuíto cultural da arte, e máis especificamente á arte contemporánea feminina”, comenta.

Estas mulleres artistas teñen en común que traballan dende Galicia e están vinculadas de algún ou outro modo á Facultade de Belas Artes de Pontevedra onde estuda a comisaria); algunhas como profesoras e outras como ex-alumnas. Todas elas representan o panorama contemporáneo galego e nacional. Un grupo heteroxéneo que permite ofrecer aos cidadáns unha mostra das diferentes disciplinas que a arte contemporánea plantexa”, sinala Garrido. A proposta que poderemos ver ao longo de todo o mes, xurdiu da premisa feita polo profesor e decano da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Xosé Manuel Buxán, que plantexou ás alumnas do último curso, levar a cabo un proxecto de xestión cultural”, comentou Garrido.

“A artista tivo claro entón que quería realizar o seu proxecto no concello onde reside (Tomiño) e reverter deste xeito algo aos tomiñeses, “tendo en conta a maiores que Tomiño é un Concello sempre interesado en dinamizar culturalmente a nosa contorna”.

As artistas que participan neste proxecto son: Basilisa Fiestras (parroquia de Taborda), Chelo Matesanz (Estás), Mar Caldas (Stª Mª de Tomiño), Nati Bermejo (Stª Mª de Tebra), Yolanda Herranz (Goián), Verónica Vicente (Sobrada), Celeste Garrido (Figueiró), Mar Ramón (Forcadela), Rebeca Lar (Barrantes), Doira B. Paratcha (Vilameán), Loreto Blanco (San Salvador de Tebra), Julia Huete (Piñeiro), Andrea Dávila (Pinzás), Marina Núñez (Amorín) e a propia Conchi Garrido (Currás).

Conchi Garrido Rodríguez
Nada en Vigo (1977), reside e traballo na parroquia tomiñesa de Currás. Despois de desenvolver durante anos a súa carreira profesional no mundo das ciencias, interésase pola arte e comeza a formarse coa ceramista Emilia Guimeráns en Vigo. Máis tarde, abre o seu taller, baixo o nome de Charria Ceramics, en Currás.

Actualmente cursa 4º ano de Belas Artes, na Facultade de Pontevedra. As súas liñas de traballo xiran en torno á instalación, agrupando a escultura, o debuxo e a pintura.
Becada pola entidade 12 Miradas Riverside, da corporación Hijos de Rivera (Estrella Galicia), para participar no taller do deseñador Martín Azúa (2019).

Participa en distintas exposicións colectivas, como a de “San Ero. Casá das Campás”, Pontevedra, 2019; “Táctil.Sala X. Facultade de Belas Artes de Pontevedra”, 2018, ou a de “A Tenda. Pop up de novos deseñadores galegos”. Pontevedra, 2017.