PP de Arbo presentou moción para rebaixar o prezo da luz

Foi aprobada en pleno municipal coa abstención do grupo político Agrelar
A moción foi posible ante as inquedanzas dos veciños de Arbo.

Arbo/PPdeG | Ante a inquedanza trasladada por veciños e veciñas de Arbo, o Partido Popular de Arbo presentaba unha moción para instar ao goberno de España a adopción de medidas para a rebaixa do prezo da luz.

Nas primeiras semanas do ano 2021 o sistema eléctrico experimentou un encarecemento substancial dos prezos. o pasado 1 de xuño entraba en vigor o novo modelo de factura eléctrica para os case 11 millóns de consumidores españois acollidos ao PVPC (Prezo Voluntario para o Pequeno Consumidor).

Daquela o Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico animaba aos consumidores a trasladar o consumo de enerxía eléctrica das horas punta aos tramos chan e val (os de menor demanda).

Unha subida desbocada do megavatio hora que impacta de maneira moi especial nos colectivos máis vulnerables – aumentando o risco de pobreza enerxética – e naqueles autónomos, pemes e empresas que non teñen capacidade para adaptar a súa actividade aos novos tramos horarios, e do que o goberno de Arbo, estase facendo eco a través das queixas dos arbenses e aos que con esta moción queren mostrar o seu apoio.

No acordo plenario do pasado 27 de setembro de 2021 cos votos a favor do PP de Arbo e a abstención do Grupo Agrelar, o concello de Arbo insta ao Goberno de España a eliminar o tipo de gravame do Imposto sobre o Valor da Produción de Enerxía Eléctrica do 7%, modificando a Lei 15/2012, de 27 de decembro de medidas fiscais para a sustentabilidade enerxética, a modificar a Lei 24/2013, do Sector Eléctrico.

Esta acción busca, entre outros aspectos, determinados custos regulatorios que se trasladan á factura eléctrica (débeda do sistema eléctrico e custos extrapeninsulares) sexan financiados integramente con cargo aos Orzamentos Xerais do Estado, a modificar a Lei 37/1992, do Imposto sobre o Valor Engadido para facer permanente a rebaixa do IVE da electricidade do 21 ao 10%, a impulsar o descenso da factura eléctrica a través da revisión dos tramos horarios.

Tamén estipula ampliar o dereito de poder acollerse ao Prezo Voluntario do Pequeno Consumidor (PVPC) ata potencias que iguais ou inferiores a 15 KW para o consumidor doméstico, co fin de facilitar o acceso ao Bono Social Eléctrico e a loitar contra a pobreza enerxética entre os consumidores máis vulnerables, establecendo axudas específicas para o pagamento de facturas e asumindo o 100% dos custos para evitar o corte da subministración eléctrica.

Polos servizos municipais do Concello de Arbo, xa foron trasladadas nesta semana o acordo ao Goberno de España.