Ponteareas | O Concello de Ponteareas pon fin ao seu primeiro Programa de Emerxencia Social e Inclusión que acompañou e asesorou a 400 persoas ao longo MAIS dun ano e da un paso máis nas políticas de inclusión e solicita ao goberno do Estado a moratoria inmediata na aplicación da normativa que entrará en de solucións para as persoas migrantes residentes en Mondariz Balneario.
Preocupada pola situación na que desembocarán 120 persoas migrantes de Mondariz Balneario, a alcaldesa, Nava Castro, levará ao pleno do martes a solicitude ao Estado da moratoria para os beneficiarios da axuda do Ministerio na aplicación da nova lei de estranxería agardando que sexa respaldada por todos os grupos da Corporación e ser inmediatamente trasladada para frear “medidas que prexudicarán a estas persoas e tirarán ao lixo todo o esforzo realizado ao longo do ano e o avance acadado na integración destas persoas que buscan unha vida mellor”.
Explica a alcaldesa que “solicitamos ao Ministerio de Interior e ao Minsterio de Inclusión, Seguridade Social e Inmigración a declaración inmediata dunha moratoria na aplicación da normativa de Estranxeiría que entra en vigor o 20 de maio de 2025, no que respecta ao cómputo do tempo como solicitante de protección internacional a efectos dos permisos de arraigamento aos beneficiarios desta axuda do Ministerio”.
“A nova normativa impide computar o tempo como solicitante de protección internacional a efectos do permiso de residencia por arraigamento, abocando a estas persoas a unha situación de irregularidade obrigatoria durante polo menos seis meses”
A nova normativa impide computar o tempo como solicitante de protección internacional a efectos do permiso de residencia por arraigamento, abocando a estas persoas a unha situación de irregularidade obrigatoria durante polo menos seis meses aos que teñen dende hai dous meses o asilo denegado e dous anos a todos os que lles deneguen asilo a partir do 21 do pasado mes de marzo, sen recursos nin respaldo institucional. “Penalizando o proceso de integración que estas persoas xa iniciaron co apoio das administracións locais e de entidades colaboradoras, e representa un retroceso humanitario e social que pode xerar unha crise local de exclusión e pobreza”.
Alcaldesa e alcalde de Mondariz explican que esta medida excepcional e humanitaria permitiría garantir a continuidade dos procesos de integración xa iniciados e “evitaría que decenas de persoas queden nunha situación de extrema vulnerabilidade, sen dereitos, sen alternativas legais e sen capacidade para regresar aos seus países de orixe”.
Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario asumiron nos últimos meses un papel activo e solidario na acollida de persoas migrantes e solicitantes de protección internacional, dentro dos programas impulsados polo Goberno de España en colaboración con entidades sociais. O hotel Marcote de Mondariz-Balneario acolle actualmente a máis de 200 persoas no marco do programa xestionado pola ONG Rescate e financiado polo Ministerio do Interior, en resposta á saturación dos centros de acollida nas Illas Canarias.
“Ponteareas, Mondariz e Mondariz Balneario asumiron nos últimos meses un papel activo e solidario na acollida de persoas migrantes e solicitantes de protección internacional”
“Moitas destas persoas viron rexeitada a súa solicitude de asilo ou se viron obrigadas a desistir, atopándose agora nunha situación de gran vulnerabilidade, sen alternativas habitacionais nin posibilidade de inserción laboral ou social”.
Dentro do Programa de Emerxencia Social e Inclusión do Concello de Ponteareas foron atendidos na liña de poboación imigrante 150 persoas de xeito directo, ás que hai que lle sumar familiares das mesmas a esta poboación migrante de Mondariz Balneario. Precisamente, dentro deste programa o Concello informou dos cambios que esta nova lei entraña en canto aos procedemenots, requisitos e prazos. Información esencial, segundo relata a educadora desta liña Mayara Estevam de Limaxa e xurídica Laura Vázquez, que suporá cambios profundos e unha maior complexidade, en especial nas situacións de asilo político.
En decembro de 2023 botaba andar o Programa de Emerxencia Social e Inclusión do Concello de Ponteareas intervindo nunha soa liña, a das persoas sen fogar, atendidos por unha soa educadora, Montserrat Groba. Ante a realidade de Ponteareas e a intención do grupo de goberno de axudar aos que máis o precisan solicitouse o apoio da Consellería de Política Social para abarcar todas as liñas de actuación posibles. “Precisábamos atender a persoas con casuísticas diferentes e fomos a por todas. Solicitamos ampliar o apoio para as persoas xitanas, para as afectadas polo encarecemento do prezo da vivenda e para aquelas que precisan asesoramento familiar e conseguimos o respaldo da Consellería de Política Social”, explica a concelleira de Benestar Social de Ponteareas, Raquel Plana.
Deste xeito Ponteareas convertíase no segundo Concello de Galicia en traballar todas as liñas sendo só dous municipios os que apostaron tan forte. Un reto importante, segundo salienta a concelleira, “pero ilusionante que nos deixa na liña de poboación inmigrante a 143 persoas atendidas directamente aínda que na realidade máis de 200 porque a persoa usuaria sempre pide tamén asesoramente para a súa familia”. A cifra complétase e suma entre todas as liñas de intervención 290 persoas beneficiarias directas, na realidade máis de 400. Un apoio de case medio millón de euros de Política Social, 450.000€ para atención directa, que posibilitou dispor de seis educadoras sociais máis, unha asesora xurídica, unha técnica de xestión e unha psicóloga. O programa chega agora a súa fin e remata o 30 de abril estando ata o último día “abertos para acompañar e asesorar de xeito individual porque esta é a principal diferencia respecto a outros programas, o deseño persoalizado”.
Explican que das 143 persoas, 93 persoas completaron o itinerio que inclúe entrevistas e actuacións de mellora da súa situación persoal. Durante este tempo enfocáronse os esforzos en cursos de alfabetización dixital, de lingua galega, castelán, de preparación de entrevistas, de procura de emprego e valores de acollida, entre outros, desenvoltos por profesionais expertos. Estes cursos facilitaron a preparación dos exames de lingua castelá e o de coñecementos constitucionoais e socioculturais de España necesarios para solicitar a nacionalidade. “Aínda que a consecución de emprego non era o obxectivo principal máis de 30 persoas comezaron a traballar porque xa tiñan permiso de residencia pero non atopaban emprego ao non saber inscribirse nas demandas de emprego ou atopar formación gratuíta, entre outras necesidades”.