Ponteareas aproba o seu ingreso na Rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores

No último pleno tamén aprobou o Plan Municipal de Infancia e Adolescencia

Ponteareas | O Pleno do Concello de Ponteareas aprobou na sesión ordinaria celebrada o 30 de decembro de 2025 a súa incorporación á Rede de Cidades Amigables coas Persoas Maiores, iniciativa promovida pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e coordinada en España polo IMSERSO; e a aprobación do Plan Municipal de Infancia e Adolescencia 2026-2029.

Na mesma sesión plenaria aprobouse tamén o Plan Municipal de Infancia e Adolescencia de Ponteareas para o período 2026-2029, enmarcada na renovación do recoñecemento de Ponteareas como Cidade Amiga da Infancia por UNICEF España para ese mesmo período.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.