A Cañiza | O stand da Cañiza estivo presente na zona de Festas de Interese Turístico, FESTUR, que este ano celebraba a súa 12 edición. O Alcalde Luis Piña, acompañado da Concelleira Paula Bacelar, ofreceron unha degustación o sábado 7 de xuño dos mellores produtos da Cañiza na que o xamón, o queixo con pan e mel e os caldos da zona foron os protagonistas.
Luis Piña destacou a importancia desta cita tanto para a promoción do municipio como para o impulso económico da comarca. A participación na Semana Verde reforza o compromiso da Cañiza coa difusión das súas tradicións e produtos de calidade.
Con esta iniciativa, A Cañiza continúa posicionándose como un referente gastronómico en Galicia, convidando a veciños, visitantes e turistas a gozar dunha celebración que aúna sabor, tradición e hospitalidade.
Durante os catro días de celebración do certame, que este ano conseguiu reunir a máis de cen mil persoas, centos de visitantes achegáronse ata a stand da Cañiza para coñecer máis polo miudo a Feira e saborear o mellor produto da gastronomía cañicense, o xamón. Así o corroboraron os visitantes que nos acompañaron durante todas as xornadas.
O Concello da Cañiza ofreceu una degustación dos produtos locais o sábado 7 de xuño, de 12 a 13:30h no stand oficial. Aquí o Alcalde Luis Piña, acompañado da Concelleira Paula Bacelar repartiron máis de 300 pinchos de xamón con pan artesano da Cañiza, máis de 40 platos de xamón cortados a coitelo por un profesional do corte e 200 pinchos de tetilla con mel e marmelada artesán. “En tan solo unha hora e media atendemos no noso stand a máis de 500 personas, ata acabar cos produtos, cifra que nos enche de satisfacción”, comentou o Alcalde.
Tamén neste certame o Concello aproveitou para dar a coñecer o turismo, todas as guías de sendeiros, o novo observatorio do monte Lapido, no Couto e a boa gastronomía que completa a oferta turística cañicense. Ademais presentamos o noso “Verán de Lecer”, a completa guía con toda a programación cultural e deportiva preparada para este verán. O Alcalde Luis Piña presentou un ano máis a única Feira gastronómica de Galicia que se dedica ao xamón e que se celebrará na súa 59 edición, este 15 de agosto.
Luis Piña quixo agradecer cunha mención especial ás adegas, apicultores, produtores e outros comerciantes da Cañiza polos produtos locais doados para “vestir de calidade” o stand da Cañiza. Adegas Abelán, Eido da Fonte e Val das Cavadas, mel de Inocencio, Troita e Antonio Sendín e marmelada da Raposeira. Caracois da empresa local Comecois. Queixos da produtora Castro Xaneiro e bicas da pastelería Delicias. A todos grazas pola vosa implicación.
Nesta xornada o Alcalde tamén visitou aos empresarios e profesionais da Cañiza que estiveron presentes na Feira Internacional da Semana Verde, promocionando as súas actividades.