O PSdeG alerta da reforma do transporte urbano en Ourense

Solicita a exposición pública dun mapa de liñas

Ourense | O grupo municipal socialista alerta do caos no transporte urbano co novo mapa de liñas. A reforma das liñas de autobús urbano anunciada polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, prevista para entrar en vigor o 16 de setembro, supón un recorte encuberto que vai provocar un auténtico caos na mobilidade da cidade en plena “volta ao cole”.

O grupo municipal socialista alerta do caos no transporte urbano co novo mapa de liñas. A reforma das liñas de autobús urbano anunciada polo alcalde Gonzalo Pérez Jácome, prevista para entrar en vigor o 16 de setembro, supón un recorte encuberto que vai provocar un auténtico caos na mobilidade da cidade en plena “volta ao cole”.

O PSdeG esixe ao goberno local de Democracia Ourensana a publicación inmediata dun estudo técnico serio. un mapa comparativo completo de liñas actuais e novas, a apertura dun proceso de participación cidadá.e un período piloto transitorio, que permita avaliar e corrixir o servizo antes de consolidalo.

Actualmente, Ourense conta con 27 liñas diúrnas e 2 nocturnas, ás que se engaden servizos especiais. O novo deseño reduce a rede a só 20 liñas, mantendo apenas 3 das actuais. Isto significa unha perda clara de cobertura en barrios e núcleos rurais, deixando a milleiros de veciños e veciñas sen alternativas reais de transporte público.

A maiores, o Concello asegura que se mellorarán frecuencias, pero non haberá máis autobuses nin máis condutores, o que fai imposible garantir un servizo de calidade. Sen reforzo de recursos, é unha promesa irreal que só xera máis desconfianza.

O máis grave é que non existe ningún estudo de necesidades e de demanda que avale esta decisión. Trátase dunha reforma improvisada, sen datos técnicos, sen participación da cidadanía e sen diálogo cos colectivos sociais, veciñais ou laborais.

“O transporte público é un servizo esencial e debe deseñarse con rigor, transparencia e pensando na xente” sostén o grupo socialista.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.