O primeiro hotel de Mos estará en Sanguiñeda

A súa construción están sendo promovida pola empresa Meifus Inbest S.L

Mos | O Concello de Mos autoriza a obra para un Hotel B&B en Sanguiñeda. Que será o primeiro hotel do municipio.

A construción do devandito hotel promociónaa a empresa Meifus Inbest S.L. Trátase dun hotel de 82 habitacións e zonas comúns, situado no Camiño do Tranvía s/n (detrás discoteca Queen) na parroquia de Sanguiñeda.

O solar onde se situará o hotel está ubicado no Camiño do Tranvía s/n, con linde polo norte co acceso á autovía Vigo-Portugal, Madeiras Iglesias, terreos Colexio Público de Sanguiñeda e terreos da discoteca Queen, polo sur co terreo do antigo tranvía de Mondariz a Vigo; polo leste co río Louro e polo oeste con terreos do Colexio Público de Sanguiñeda, terreos do Concello de Mos, terreos da discoteca Queen e Estrada Nacional 120.

A superficie da parcela ascende a 25.161,80 m2. O solar descrito está libre de cargas e gravames, non habendo por iso conciencia de ningún impedimento para a execución das obras propostas. O solar na actualidade non conta con ningunha edificación.

O edificio para uso de hotel contará con zonas comúns e aparcamento. En base ás dimensións e forma do solar, ao programa de necesidades e ao previsto na Normativa Urbanística, proxectouse a edificación que se formaliza cun volume único en forma de “prisma rectangular” dun corpo, con tipoloxía en “palafito” de forma que os espazos pechados en planta baixa sexan os mínimos imprescindibles e que se desenvolve en tres plantas: planta baixa, por onde ten o seu acceso peonil, na que se sitúan por unha banda as zonas comúns de recepción, zona de estar e comedor e zonas de servizo de cociña-comedor para almorzos, maleteiro, almacén, etc… e doutra banda unha zona destinada a aparcamento de vehículos, estando esta zona aberta sen peches laterais. Existen locais destinados ás instalacións do edificio e cuartos de servizo do mesmo.

Nas plantas primeira e segunda, iguais, con zona de habitacións, con corredor central e habitacións a cada un dos dous lados, con 41 habitacións cada planta 3 delas accesibles a persoas con mobilidade reducida e un núcleo de acceso con escaleiras e dous ascensores. Todas as habitacións contan con hall, baño completo e zona de dormitorio e as adaptadas a persoas con mobilidade reducida cumpren coas dimensións establecidas. Para a construción do edificio empregaranse distintos medios auxiliares de obra.