O PP de Ponteareas solicita maior transparencia ao goberno local

Na última semana afloraron facturas pendentes por valor de 630.000 euros

Ponteareas/PP | O Grupo Municipal do PP esixe unha maior transparencia económica ao actual goberno local, que aproveitando as modificacións de crédito realizadas para paliar a crise da Covid-19, decidiu incluír nesas modificacións outro tipo de pagos que nada teñen que ver coa situación. De feito se o goberno local non tivese esas débedas pendentes e o destinase ao COVID-19 chegaría, como pedía o PP, a unha partida económica dun millón de euros para os afectados desta crise.

O Goberno local aproveita as modificacións de crédito para atallar a crise derivada da COVID-19 para facer fronte ao pago doutras facturas que tiña escondidas no caixón.

Os populares pregúntanse porqué non se incluíu o pago destas facturas no recente orzamento aprobado polo Goberno local para 2020. “É curioso que aprobasen un orzamento para este ano e que agora aparezan facturas por valor de 630.000 euros que estaban pendentes de pago e que segundo o Goberno local, no caso de FCC fan referencia a atrasos no prezo do contrato”. No caso de FCC o alcalde xa aprobou por decreto, ata en tres ocasiones, incrementos de prezo por un total de 130.000 euros. As débedas por 400.000€ que aprobaron agora coa modificación orzamentaria, descoñecemos a que cálculos correspóndense e se están ou non duplicadas.

“Represas, na oposición esixía ao PP que reducise o contrato de FCC en 200.000 euros e agora, desde o Goberno, increméntao en máis de 530.000 euros. Se estas débedas por valor de 400.000 euros son atrasadas, por que non as incluíron no orzamento?”, pregúntanse os populares.

“Son facturas pendentes con FCC, empresa que recolle os residuos, e indemnización aos propietarios da parcela Ferro Ucha”.

Con respecto ao caso do aluguer do terreo. Isto deriva dun convenio do ano 2012, que foi aprobado por unanimidade no Pleno, incluídos BNG e PSOE. E no mesmo quedaba recollido que os propietarios poñían a disposición o terreo para un Parque Forestal e para construír a nova Gardería infantil, gratis ata finais de 2016 e a partir de aí un aluguer de 2000€/mes, salvo que se aprobase o PXOM. Pasou o 2016 e ata a data, e como o PXOM segue sen aprobarse, iniciouse unha clausula de aluguer. Desde novembro de 2016 o alcalde é coñecedor de que debía pagar o aluguer e non o fixo, debendo á propiedade 82.000€ (principal + intereses), porque non pagou nada ata a data, a pesar de que os propietarios veñen reclamándolles o pago por escrito desde 2017.

“Hai un ano, o alcalde trouxo leste mesmo expediente para recoñecer esta débeda. O pleno aprobouno pero o Concello segue sen pagar. Tampouco existe partida económica no orzamento recentemente aprobado para este ano, que faga fronte a eses máis de 40 meses de aluguer pendentes de pago, aluguer que continuará pagándose mentres o Goberno local non sexa capaz de aprobar o PXOM”, explican os populares