O Parque Forestal de Camposancos na Guarda permitiu por en valor o monte Santa Trega

Grazas a unha subvención de 30.000€ da Deputación de Pontevedra

A Guarda | Na mañá do martes día 16 de marzo de 2021, o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba; a Concelleira de Medio Ambiente, Montserrat Magallanes; técnicos de Medio Ambiente municipais e representantes da Comunidade de Montes de Camposancos, visitaron o espazo recentemente habilitado coma Parque Forestal en terreos da citada comunidade no Monte de Santa Trega.

Este proxecto ten coma obxectivos principais a eliminación e control do incremento de acacias no monte, favorecer o espallamento de especies forestais frondosas autóctonas, de alto valor ecolóxico e a realización de traballos de prevención de incendios forestais.

As actuacións realizadas no monte estiveron encamiñadas a conquerir uhna maior biodiversidade, maior valor paisaxístico intrínseco axeitado ca sua gran importancia patrimonial, eliminar os efectos perniciosos dende o punto de vista ecolóxico das especies invasoras e reducir o risco de incendios forestais, actuando sobre unha superficie total de 77,67 hectáreas. A súa vez traballouse na rehabilitación de sendeiros que se atopaban impracticables por causa da vexetación.

Todalas actuacións realizáronse de xeito manual, excepto a retirada de parte da madeira que se fixo de modo mecanizado desde o borde de pista ao punto de trituración. Esta actuación realizouse grazas a una subvención para a creación de Parques Forestais por parte da Deputación de Pontevedra, cun importe superior aos 30.000 €