O I Memorial “Xosé Martínez Tato” recadou unha tonelada de alimentos en Tui

A Carreira Popular foi organizada polo Concello e o Club Atletismo Tui coa colaboración de SOS Tomiño-Baixo Miño

Tui | A Carreira Popular e Solidaria de San Telmo, I Memorial Xosé Martínez Tato, recadou este ano 1.074 quilos de alimentos grazas á colaboración de todas as persoas que participaron neste evento deportivo, organizado conxuntamente polo Concello de Tui e o Club Atletismo Tui.

As persoas voluntarias de SOS Tomiño – Baixo Miño foron as encargadas, o mesmo día da carreira, de recoller todos os alimentos doados. Pasta, arroz e leite foron os alimentos máis aportados, pero tamén garavanzos, azucre, conservas, fariña, tomate frito, cacao soluble, galletas ou aceite.

Dende o Concello de Tui agradécese a colaboración de todas as persoas que fixeron a súa achega para SOS Tomiño – Baixo Miño, destacando o labor que realiza esta asociación asistencial. Do mesmo xeito dende o concello amósase tamén o agradecemento a todas as persoas e entidades que fixeron posible esta proba deportiva, en especial ao Club Atletismo Tui que organiza xunto co Concello esta carreira.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.