O Covelo presenta o proxecto “Círculo de Mulleres” de benestar físico e mental

Será presentado este 15 de maio no Edificio Multiusos

O Covelo | Concello de Covelo presenta este xoves 15 de maio ás 19.00 horas no edificio multiusos do concello o proxecto “Círculo de Mulleres” destinado á mellora do benestar físico e mental das mulleres no rural. O proxecto piloto consistirá nunha xornada mensual dende maio a decembro do 2025 destinadas á mellora da autonomía e confianza das mulleres.

A iniciativa, financiada pola Deputación de Pontevedra con cargo as Subvencións dirixidas aos Concellos de menos de 20.000 habitantes da Provincia de Pontevedra para o fomento da igualdade de oportunidades e a prevención da violencia de xénero para o ano 2025, é un proxecto da concellería de servizos sociais e da muller que busca ofrecer un espazo seguro e próximo no que as mulleres poida compartir experiencias, recibir información, mellorar o seu auto coñecemento, autonomía e confianza para a toma de decisións cara a un estado de benestar integral en todas as súas etapas da vida: xuventude, maternidade, sexualidade e madurez. Trátase dunha actividade de fomento da Igualdade, sensibilización, empoderamento e loita contra a violencia de xénero.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.