O Covelo amplía a súa rede de abastecemento de auga potable

Nas parroquias de Casteláns e Barcia de Mera para dar servizo a dez fogares

O Covelo | O Concello de Covelo continúa traballando na mellora dos servizos básicos e vén de ampliar a rede de abastecemento de auga potable dos barrios de As Pereiras e Vilanova, nas parroquias de Casteláns e de Barcia de Mera respectivamente.

Executadas con fondos propios, estas obras solucionaron o problema de abastecemento de auga existente e permitiron mellorar a rede que xa estaba obsoleta. Unha nova instalación que dá servizo a dez fogares máis e que garante un subministro óptimo.

A ampliación da rede permitirá dotar de abastecemento de auga principalmente ao lugar de Vilanova que experimentou un incremento de poboación pola incorporación de novos/as residentes e que non dispoñia de abastecemento de auga municipal

O alcalde, Pablo Castillo, explica que cada ano se fai un importante esforzo en mellorar as traídas de auga, realizar controis e mantemento das xa renovadas e dar apoio ás traídas veciñais.