Mosteiro de Melón en Arbo: O Foro do Rial (ano 1.666)

Cavaduras de viña na cabeza e o quiñón en pesqueiras e naseiros

III. O cultivo da vide.
En relación co viño, o documento presente ofrece datos interesantes acerca da localización e extensión do cultivo da vide, medidas de superficie e capacidade, valores e rendas:

“…con mas la heredad de Prego dongal que llebara en semiente tres celemines y medio poco mas o menos y por la caveça della ay cavadura y media de viña y un pedaço de guerta con un parral y parte de un lado con el camino que viene de la ermita de San Benito para la iglesia de Arbo…

A parte central do campo estaba adicada a producir fanegas e celamins de semente de pan, centeo e millo miúdo ou painzo, a dieta básica da alimentación, o sustento diario e imprescindible, mentres que a produción de viño ubicábase na cabeceira. Canto era daquela unha cavadura? Enténdese a porción de terreo que podía cavar un home nun día ou nalgunhas comarcas, especialmente nas vinícolas, o equivalente a un ferrado, isto é, nesta zona 4 áreas e 367 miliáreas.
Outras mencións á presenza de viñas aforadas son: “…con mas otra leira de heredad que llaman das Cruses que antes de ahora fue viña y llevara en sembradura diez celemines de pan poco mas o menos y parte de un lado con la viña do Menanco que poseio Domingo de Curras y ahora Juan de Puga y otros y es también del monasterio y de otro lado demarca con viña de Senrra que poseio Juan dalmoíña y ahora la posee Gregorio Rodrigues de Varçela y de otro lado encaveça en el monte de Debesa de la iglesia de Arbo…“.

IV. A ribeira do Miño: o quiñón en pesqueiras e naseiros.
No tocante á ribeira no Miño atopamos referencias concretas a pesqueiras existentes neses tempos localizadas no termo da fregresía de Arbo e ao quiñón (parte ou porción da pesca) que correspondía:

“…con mas le dan en este foro el quiñon de la pesquera da Parede da Veiga, e da Pertigadoura e de Retortela y el quiñon de los naseiros Ermos que están en Retortela y el quiñon das Presas do Vito (do Jeito?) y el quiñon do Escumeyro y el quiñon de otros naseiros Ermos y el quiñon do Escurrela y el quiñon do Braço y el quiñon da Lagea do Gavian y el quiñon dos naseiros Disgal( do Figal?), las quales dichas pesqueiras y naseiros están junto al rrio Miño y en términos desta feligresía de Arbo y de todos tocan al monasterio el tercio, de lo que en el naseiro de Escurrela le toca la mitad enteramente los quales le dan en este foro…”

0 pertigadouro de Retortela xa aparecía citado a finais da Idade Media, ano 1405, no foro a Gonçalvo do Paaço: “…e a Ribeira que a nosa granja de Arvo ha eno pertigadoiro de Retortela…”. Nomes de pesqueiras semellantes aos citados, como Retortelo, Escurrela ou Braço, tamén se localízan no século XVIII na ribeira do couto de Paderne en Melgaço.

V. Renda canon anual en pan, viño, lampreas e sábeles.
Coa incorporación do mosteiro á Congregación de Castela a principios do século XVI, en 1506, este centro comeza pouco a pouco o saneamento das súas fontes de ingresos, mediante unha reorganización da distribución das rendas e un control máis efectivo. Neste documento do Foro do Rial establécese con claridade a renda-canon anual que lugar de debe recibir o mosteiro de Melón , no San Pedro de Arbo polo día do Señor San Martiño de novembro para o pan e o viño e polo día do Señor San Marcos de abril para a pesca.