Mos clausura o Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”

Coa entrega de diplomas aos 16 alumnos/as-traballadores/as participantes
O acto contou coa presenza da Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz (dereita) e a alcaldesa Nidia Arévalo (centro)

Mos | Mos clausurou esta mañá o seu Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño”, dúas semanas despois do remate do “Mos Peregrino” e a poucos días do comezo dun novo Obradoiro titulado “SOMOSMOS”, que impartirá especialidades de albanelería e atención sociosanitaria a un total de 20 persoas en situación de desemprego.

Ana Ortiz, Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, desprazouse hoxe ata  Concello de Mos para a clausura e entrega de diplomas do Obradoiro de Emprego “Mocidade no Camiño” na que estivo acompañada pola alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e pola concelleira de Promoción Económica, Desenvolvemento Empresarial e Emprego, Julia Loureiro. Ortiz destacou na súa intervención a intensa actividade municipal en materia de formación para a inserción laboral e loita contra o desemprego.

“Mocidade no Camiño” vai dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil (formación e aprendizaxe). Para a realización deste Obradoiro de Emprego o Concello de Mos conta coa concesión dunha subvención por parte da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia.

“Mocidade no Camiño’ vai dirixido a persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil”

Esta axuda enmárcase dentro do Programa Operativo de Emprego Xuvenil, cofinanciado pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, nunha porcentaxe do 91,89%.

A axuda ao Concello de Mos, ascende ao importe global de 369.492,32 euros, con cargo ao orzamento da Consellería de Emprego e Igualdade, para o financiamento dos custos de formación profesional para o emprego e os salariais derivados dos contratos de traballo que se subscriba co alumnado, sendo a contía destinada para a gastos salariais de alumnos/as-traballadores/as de 235.553,12 euros.

O Programa de emprego denominado “Mocidade no Camiño” deu emprego durante un ano a 16 alumnos/as traballadores/as, persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil e distribuídas nas especialidades formativas de deseño de produtos gráficos e multimedia (8 mozos/as) e xardinería e auxiliares de conservación de montes (8 mozos/as).

Os obxectos de actuación para a execución do desenvolvemento do proxecto foron a actuación na Senda do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos mediante saneamento e poda de árbores, limpeza arredor dos árbores, mantemento de macizos e plantas, operacións de control fitosanitario, reposición de elementos e pequenas obras de mantemento; e a posta en valor do trazado do Camiño de Santiago ao seu paso por Mos a través de actuacións de marketing e publicidade, a través da realización de materiáis gráficos e multimedia, que puxeron en valor a zona, e deron a coñecer aos peregrinos, e á poboación en xeral, a riqueza natural e etnolóxica existente ao longo do Camiño.

Noelia Sías, Mellor Artesán Florista por segunda vez
O Concello de Mos celebrou esta mañá unha recepción na súa honra para felicitala por este novo éxito.

A florista mosense Noelia Sías Villaverde, traballadora de Floristería Lola, participou do 29 de setembro ao sábado 2 de outubro no ‘MAF’, concurso nacional do Mellor Artesán Florista que se celebrou en Burgos; obtendo o segundo posto, por detrás do sevillano Julio Boza.

Foi unha final complicada, con pouco tempo para un traballo difícil e uns contrincantes de nivel. Sías logrou así a segunda prata nesta competición, tras ter quedado subcampioa en 2019 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19).

E para felicitala por este novo éxito o Concello de Mos organizou unha recepción na súa honra que se celebrou esta mañá no salón de sesións da Casa Consistorial mosense coa presencia da alcaldesa, Nidia Arévalo, o tenente alcalde, Camilo Augusto, a concelleira de Cultura e Turismo, Sara Cebreiro, Juan Lago de Floristería Lola e demais membros da Corporación Municipal.

Noelia Sías (esquerda) recibe o premio de mans da alcaldesa Nidia Arévalo.

Así que, tras o parón do ano pasado, este ano a mosense Noelia Sías volveu participar no ‘MAF’ volvendo a facerse co título de segunda mellor florista de España.

Noelia Sías é veciña da parroquia de Mos e traballa en Floristería Lola. A florista mosense destaca da súa empresa “as facilidades e colaboración que sempre me dan para que poida formarme, facer cursos novos, participar en competicións como esta… é algo moi de agradecer e que non é frecuente en todas as empresas”. Floristería Lola leva máis de 37 anos en activo en Mos e, tal e como declaraba a rexedora local mosense, “é un referente en toda a provincia de Pontevedra, do que nos sentimos enormemente orgullosos”.

Arévalo declarou sobre este novo título de Noelia que “é un orgullo para Mos, sendo ademais o Concello da rosa, contar entre a nosa veciñanza coa segunda mellor artesá florista de España en dúas edicións consecutivas do concurso nacional”. A alcaldesa felicitouna por presentarse e quedar novamente 2ª nesta importante competición e animouna a seguir levando o nome da localidade mosense ao máis alto do mundo da flor.

Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22 anos vinculada ao mundo da floristería. Actualmente, e dende fai case 15 anos, traballa en Floristería Lola, tamén de Mos, e formouse nalgunhas das mellores escolas nacionais do sector florista. Entre os seus mestres figuran nomes tan destacados a nivel nacional como os de Juan Chamorro, Roberto Silbosa, Daniel Santamaría ou María Jesús Miranda e tamén algúns referentes internacionais como Gregor Lersch, Per Benjamin ou Vadim Kazansky.

“(Noelia) Sías, que é veciña da parroquia de Mos, leva 22 anos vinculada ao mundo da floristería”

O xurado do MAF avalía en cada unha das probas do concurso aspectos como a técnica, a limpeza, a rapidez, a cor, o estilo actual, a dificultade de elaboración, a actitude dos floristas ou o compañeirismo. Dúas das probas son en grupo e os participantes teñen un tempo máximo especificado para completar cada unha delas.