Mauro González: ”Galicia segue sendo unha potencia en ciclocross”

O corredor do CC Salvaterra – TB Transportes, o ciclocrossman galego máis laureado da tempada, que estará presente este fin de semana en Navia (Asturias) nos Campionatos Nacionais, achéganos as súas impresións sobre a situación actual do ciclocross en Galicia, fai balance do ano, cóntanos os seus obxectivos máis próximos e futuros e opina sobre a seguridade dos ciclistas na estrada.

-¿Podes contarnos os teus inicios enriba dunha bicicleta? ¿Recordas cal foi a túa primeira bicicleta e esas sensacións que notaches a primeira vez?
Non recordo a primeira vez, pero xa con 3 anos recordo a miña primeira bici, unha BH branca coas rodas vermellas, e os sustos que lle daba os meus pais, xa que o meu era escapar da casa para explorar enriba da bici, dende un primeiro momento gustoume a liberdade que sentía.

-Xa asentado como corredor da categoría Élite, ¿botas algo de menos das categorías anteriores?
Pois igual a categoría xuvenil, na cal aínda non son tan esixentes os entrenos, e compaxinar estudos, ocio e bici levábase ben. E foron os anos que viaxei máis por toda a xeografía de España e parte de Europa. Agora para estar nun bo nivel necesitas “sacrificar” algunhas cousas.

-¿Por qué che gusta tanto o ciclocross en non outras modalidades que tamén practicas como a ruta ou o mountain bike?
Gústanme as tres, cada unha ten o seu encanto, pero o ciclocross engachoume dende o primer momento. Supoño que unha das razóns sexa que é a que máis de adapta a min, carreira moi explosiva, onde se vai toda a hora na “zona vermella” e onde a técnica é importante. Despois tamén están moitas razóns máis como o gran ambiente que se respira nas carreiras.

-Centrándonos un pouco na actualidade, co dominio total do calendario galego de ciclocross pola túa parte máis a de teu irmán Paulo, ¿pódese dicir que quedou “en familia”?
Si claro, aínda que o ciclocross é individual, sempre se pode correr como equipo e intentar axudarse mutuamente. E máis neste caso cando a parte de compañeiros de equipo somos irmáns e grandes amigos.

-¿Daslle algún que outro consello cando compartides entrenamentos ou non o fas non vaia ser que che “molle a orella” máis a miúdo?
Sempre intento aconsellalo o mellor posible. Intento que mellore técnicamente e nos cambios de ritmo, porque creo que físicamente ten máis capacidade ca min, xa que entrenando en ruta en portos largos si que me “molla a orella”

-¿O dominio foi tan claro dende un principio ou houbo máis dificultades cas que mostran as clasificacións?
O empezar a tempada en Outubro xa fai que empeces as carreiras en Galicia (mediados de Novembro) cun bo punto de forma con respeto a algúns contrincantes, é iso notase. Aínda que houbo carreiras moi axustadas como a de Santiago, gañando por tan só 10 segundos a Jaime Juncal.

-No penúltimo día do pasado ano, nos campionatos autonómicos, en Moaña, unha avaría marcou bastante a túa proba, xa que tiveches que remontar varias posicións. A victoria final foi para Paulo. ¿Crees que sen esa avaría terías a proba moi de cara ou teu irmán estaba demasiado forte para batilo ese día?
Ese dia foi o mellor con diferenza, cando aínda ningún dos tres perseguidores (Óscar Vázquez, Jaime Juncal e eu) tiveramos ningunha incidencia, él xa ía cunha vantaxe duns 30 segundos. Nun circuito no que a bici custáballe avanzar, e cada volta acumulabase máis barro onde correr a pé era a solución, son as mellores condicións para Paulo.

-Facendo balance do ocorrido en Galicia, antes de comezar a tempada, ¿tiñas en mente tantas victorias? Quizáis, ¿o segundo posto no autonómico foi o “mal sabor de boca” do que levamos de tempada?
Na mente tiña volver ó nivel de 2010/2011, loitando nalgunhas carreiras nacionais por un top5. Sei que estando a ese nivel as vitorias aquí chegarían.
O campeonato galego non foi para nada o máis “gris” da tempada, xa que facer segundo, pero detrás do meu irmán foi unha gran fazaña. Quizáis a rotura de cambio en Medina de Pomar na última volta co segundo posto no peto da rabia, xa que os podiums a nivel nacional están moi caros. Pero un está acostumado a que estes sucesos sexan parte do xogo.

-¿Cal crees que é o circuito máis complicado do calendario galego? ¿E o máis atractivo de cara ó publico?
O máis complicado para min son algúns como os de Santiago, por ser tan duros en desnivel, e onde e primordial regular os esforzos, xa que se te pasas de voltas non hai terreo para recuperar.

Para o público case todos en xeral, porque creo que o ciclocross e a modalidade máis vistosa, porque na maioria dos circuitos podes seguir todo o transcurso da carreira durante a hora que dura a competición, non como a ruta que so ves algún paso por onde os ciclistas pasan a toda velocidade.

-Tamén competiches na “Taça de Portugal” con dúas victorias. ¿É escaso o calendario galego de cara ós teus obxectivos da tempada?
Anos atrás o calendario galego chegou a ter unhas 14 carreiras, agora con 8 nótase a diferenza. É complicado sacar as carreiras adiante, e creo que este ano non nos podemos queixar co número de carreiras. Que emerxa o ciclocross en Portugal e unha boa noticia , xa que pola proximidade non custa moito achegarse. O final competín todos os fins de semana, que é máis que suficiente.

-Cuarto posto no Superprestixio en Ibias; 12º no Superprestixio de Llodio; noveno no Superprestixio en Elorrio; quinto fai uns días en Navia, entre outros… Sempre que saes fora de Galicia, rendes facendo un bo papel. ¿Bótase de menos un pouco máis de apoio á hora de saír fora do país?
Sí que me gustaría correr máis carreiras a nivel nacional, pero a concentración do calendario en Euskadi fai complicado facer 1500kms todas as semanas. Claro que me gustaría ter máis apoio, pero non me queixo coa axuda que temos dos patrocinadores actuales (TB Transportes, Salvaterra de Miño, Señorío de Rubiós…), como do apoio na familia, xa que sen iso sería imposible facer o calendario actual.

-¿Qué sensacións encontraches en Navia este pasado fin de semana sabendo que será o circuito do Nacional? Parece que o día da proba a chuvia estará presente, así que pode ser un circuito totalmente diferente, ¿non?
Un circuito moi rápido, mesturado con algunha zona técnica de area. As sensacións foron boas, chegando a liderar a carreira, aínda que me foi imposible agarrarme o final o grupo dos favoritos. Creo que se chove, farase máis esvaradío, pero tamén máis pesado nas rectas, que o faría máis duro.

-¿Aspiras a lograr estar entre os cinco primeiros ou con xente como Aitor Hernández, Murgoitio, Larrinaga, Isaac Suárez ou Tino Zaballa sería unha utopía? ¿Cal é o teu obxectivo?
Xa que o meu forte son as saídas, o obxectivo e situarme no grupo de favoritos dende o inicio, e a partir de ahí intentar non soltarse. Canto máis tempo aguante máis posibilidades teño de facer un bo posto. Intentaremos mellorar o 8º de Zamora 2011.

-¿A túa aposta para o Nacional?
O home a batir este ano e Aitor Hernández, pero creo que Javi Larrinaga chega máis fresco ó nacional, e vai a máis. Tamén falta saber o nivel que terá Murgoitio despois das lesións. E se está seco como este fin de semana ábrese un pouco máis o abanico con Isaac, Zaballa…

-¿Cambiarías as túas victorias en Galicia por un calendario completo a nivel nacional?
Si, sobre todo por algunha saída a Bélxica. Correr alí si que é toda unha experiencia, e cando corres cos mellores do mundo, non ser dobrado xa é unha vitoria personal.

-¿Como ves o ciclocross en Galicia (calendario,nivel de corredores, nivel de clubes)? ¿Estás pendente das categorías inferiores? E se así, ¿podes darnos un nome de cara o futuro?
Este ano aínda se mantivo un bo calendario en número de carreiras. Aínda que falta algunha carreira importante como un Superprestigio, ou polo menos que sumen para o ranking nacional. Galicia segue sendo unha potencia nacional en ciclocross, xa que en case tódalas categorías temos corredores adíante. Sí que me gusta seguir tódalas categorías, pero o que sucede e que corredores con boa proxección o chegar a sub23 non apostan polo ciclocross, xa que en Galicia non hai un equipo que lle de facilidades.

-Últimamente, e cada vez máis, os xornais mostran unha da cara máis cruel do ciclismo, que son os accidentes na estrada. ¿Sínteste seguro cada vez que saes a adestrar?
O respeto polo ciclista ten que mellorar moito, a veces parece que somos invisibles. Un si que leva algún susto, que por sorte non foi nada.

-Cal cres que pode ser a solución a este problema, ¿realizar cambios nas estradas? ¿Sancións máis duras? ¿Ou é un problema de educación e concienciación?
Creo que a principal causa si que é falta de educación e concienciación, xa que adestrando por Bélxica nótase que as bicis conviven moito mellor entre os coches. Despois tamén hai que mellorar en infraestructuras, carrís bici… Pero o maior cambio ten que ser de educación, tanto de conductores como ciclistas.

-¿Qué obxectivos de futuro tes?
Polo de agora seguir desfrutando do ciclocross, e do mountain bike no verán. Pero si que me gustaría probar cousas diferentes, como algunha carreira por etapas de mountain bike. Ou, aínda que non sexa competición, facer algún cicloviaxe, xa que viaxar en bici ten que ser unha boa experiencia.

Para rematar, unha serie de preguntas curtas e respostas curtas:
-Un corredor ó que che gustaría semellarte
A Hermida, gran profesional, pero mellor persoa e apaixoado pola bici

-Unha proba que che gustaría correr
Cape Epic en MTB, e correr algunha de ciclocross en USA

-O rival máis férreo co que te atopaches.
David Lozano, durante os anos de sub23 en ciclocross non houbo de derrotalo.

-De non ser ciclista, ¿serías?
Algo que tivese que ver coa montaña

-Unha afección ademáis do ciclismo
Disfrutar dos amigos.

-Un soño
Viaxar por todo o mundo.

Moitas grazas Mauro por dedicarnos parte do teu preciado tempo.

Outros artigos

Os nosos anunciantes son importantes para nós.
Fainos o favor de desactivar o bloqueador de anuncios ou
engadir este sítio a túa lista branca.

Grazas!