María do Ceo resoa na Serra do Candán.

(Unha Andrómena dende Aciveiro)

“Se eu soubesse, se eu soubesse que morrendo
Tu me havias, tu me havias de chorar
Por uma lágrima, por uma lágrima tua
Que a alegria, me deixaría matar”
(Amália Rodrígues, “Lágrima)

Aciveiro escoita o Candán deitado, ollando o val, e resoanlle outros cantos de maitines e xaculotarias dirixidas polos “Pedros” os abades que o dirixiron na súa fundación, un cantar espiritual cargado de fe no sagrado, na natureza atenta que erguese ao Deus inmenso, que non habita en templos feitos por humanas mans, se non nas almas que o invocan con fe onde queira que se atopen.

Cando a do Ceo canta, cando canta a María, xunta o ceo coa terra, nun extáse divino a natureza desa Serra cos espiritos dos habitantes; de todos aqueles que agora son, e daqueles outros que xa foron e nunca deixaran de ser. O arroubo fura no sentimento de cada un dos presentes que dentro do Templo Sagrado, escoitan a Sacerdotisa do Fado, entregandose en harmonía, conxurando en melodías, penas e “lágrimas” meniñas lavando nas augas xeadas, mulleres feridas e tamén alegres, paseando polos:

“Verdes são os campos
De cor de limao
Assim são os olhos
Do meu coracão”

Cando canta María pasase da risa o pranto, e do pranto a saudade e tanto Xavier Alcalá ou Armando González, aparecen nas xanelas da Igrexa de Aciveiro e fanse presentes nunha enchente de sensibilidade e dozura e os afortunados que escoitamos tamen arrobados, estalamos en aplausos coma os tronos nas treboadas, cando a Serra escacha en auga e lostregos, para encher o Deza e avivecer o Lérez, o Umia e o Verdugo, dando de beber ao mar coma o fado da de beber a dor.

E alí nos atopamos tamen os da Xente do Redor, virando en cada volta que a Fadista daba, e non faltou o recordo a Xana da Ponte, nos versos de Armando outro dos da parroquia dos afectos, con tanta admiración coma respeto:

“… unha muller do rural,
que sobresae a memoria.
Abogada sen papeis
nai, campesina e señora”

E sentade diante min, vin nos seus ollos a emoción, o orgullo da deputada de Forcarei de nome Belén e de apelido “Cachafeiro” moi ben acaido , e lembreime dalgunhas esmorgas na área recreativa do mesmo nome, e cando a nosa diva dixo que fora a responsable de que viñera neste día ao Mosteiro, xa lle fiquei eternamente agradecido.

Fillo de emigrantes galegos, naceu en Caracas. Empresario. Articulista e colaborador en varios xornais. Creador da sección “Con Sentimento” na revista internacional “A Bugalla”. Coautor de "As andrómenas e outros contos" (editorial A Formiga Rabicha). Participa activamente en iniciativas solidarias e culturais.

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Outros artigos