Espir un Santo para vestir outro.

“Cando fas as paces ca autoridade, convírteste en autoridade”.
Jim Morrison, 1943-1971, cantante e escritor norteamericano, vocalista The Doors.

Nos últimos anos, cos gobernos do PP na Galiza: a precariedade laboral, a inestabilidade e a privatización (por desmantelamento) da Sanidade Pública, é algo evidente. Leva consigo, que non teñamos persoal substituto para facer frente ás vacacións, baixas e outros motivos de ausencia. A administración non atalla o problema de raíz, que pasaría por facer contratos estables, ter un salario digno e un futuro esperanzador na Sanidade Pública, cunha carreira profesional que permita ós profesionais ter un futuro prometedor.

Que sucede si falta un profesional en Muros? O desprazan de Outes… e que pasa en Outes? quédanse sen ese profesional mentres está “apagando o lume” de Muros…Que pasa se falta un Pediatra en Lousame? O mandan de Noia… e qué pasa en Noia? quedan sen o servizo. A falta de Pediatra en Santa Comba, “resólvese” mandando ós cativos a A Baña ou a Mazaricos. Si faltan en Bueu, os derivan doutro Centro de Saúde, co conseguinte déficit no servizo de orixe. Os veciños de Corrubedo, levan varios meses mobilizándose as quintas feiras, para demandar un Médico a tempo completo…sen éxito!

A problemática da asistencia sanitaria ocorre en todo o País: de A Guarda a Laxe, de A Mariña a Viana do Bolo. Hai falta de Pediatra en Soutomaior (casi un ano). No Centro de Saúde de Marín, están sin cubrir 6 Médicos (de 14) e a espera media para consulta é de 15 días. Posible peche do consultorio de Ponte Sampaio. En Cangas teñen un déficit de persoal que xa fai insostible as consultas acumuladas doutros profesionais. En A Mezquita solicitan Médicos sustitutos. Sin cubrir O Eixo. En Moaña, siguen as mobilizacións para recuperar o Servizo de Urxencias. É a táctica de “desvestir un santo para vestir outro” (Emprégase cando se intenta arreglar algo… estropeando outra cousa: según o refraneiro multilingüe do Centro Virtual Cervantes). É solución? dende logo que NON! E ademáis: o Consello Económico e Social (nada sospeitoso) no seu informe anual, móstrase contundente na “mala xestión da Sanidade Pública Galega, con graves problemas de ineficencia e xestión”.

“A problemática da asistencia sanitaria ocorre en todo o País: de A Guarda a Laxe, de A Mariña a Viana do Bolo”

A precariedade laboral, leva consigo que moitos profesionais, váian a lugares lonxe da Galiza onde prestixian e dinifican a sanidade, cunhas condicións laborais que sexan atractivas para alguén que tivo que estudar e facer prácticas, durante moitos anos e que unha vez que finalizan a súa carreira, queren un posto de traballo acorde co esforzo realizado e ca responsabilidade de quen exerce no Sistema Sanitario Público.

A irresponsabilidade de pagarlle o Complemento de Exclusividade a Médicos que traballan na Pública e na privada (sectores afíns o PP e os Colexios Médicos) é de tal magnitude que o que era uns cartos pola “Exclusividade” agora vai ser para todos, co cál o concepto queda desvirtuado e será un pao máis, para os profesionais que so traballan na Pública.

Outro “santo” que se desviste: o de realizar as Interrrupcións Voluntarias do Embarazo na Sanidade Pública Galega. O dereito das mulleres na Galiza, grazas a “ocurrencia” desta seman do SERGAS, verase privado e os abortos realizaranse nunha entidade privada. Pagaranse 1,4 millóns de euros, en 3 anos, prorrogables por outros 2 (ata 2,5 m. de e.) para realizar o que debería estar garantido na Sanidade Pública; din que “ante a falta de recursos, tanto materiais como humáns no servizo sanitario público”. Ah…e o da Obxeción de Conciencia, como excusa, é un mecanismo non regulado pola administración do PP e un caixón de xastre que exime, por cuestións ideolóxicas, de defender os dereitos das mulleres galegas. Na Galiza, non existe un Rexistro de Obxetores de Conciencia o que vulnera a legalidade. Outro chanzo máis, na privatización (a vez que desmantelamento) da Sanidade Pública Galega.

A Inspección da Xunta das Residencias de Maiores “avisa” de cando van facer as inspeccións, para que podan adaptar as residencias a visita dos inspectores.

Da falta de profesionais en Saúde Mental e das dramáticas listas de agarda para un problema tan importante, falaremos noutro artigo. O futuro…deus dirá!

Dr. Xosé María Dios Diz. Médico especialista de AP de Outes.

Dr. en Medicina. Máster en Xeriatría. Licenciado en Medicina Xeriátrica. Médico especialista de Atención Primaria de Outes. Plataforma SOS Sanidade Pública.