En marcha “Tui-Salvaterra Cultura Compartida”

Mobilizará 7,2M€ para cooperación intermunicipal

Tui | O Alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e a Alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, celebraron a primeira reunión de coordinación para a posta en marcha do Plan de Actuación Integrado “Tui–Salvaterra Cultura Compartida”.

O proxecto destaca polo seu enfoque de cooperación intermunicipal, gobernanza compartida, mobilidade urbana, sostibilidade e transformación do territorio. A xestión corresponde á Dirección Xeral de Fondos Europeos, e supón un investimento histórico para impulsar estratexias de desenvolvemento urbano e territorial sostible. En concreto este proxecto permitirá movilizar 7,2M€ nestes dous municipios, dos que 4,3 millóns de euros serán financiados con fondos europeos.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.