Empresa Ganomagoga pide apoio ao Concello de Mos

Para buscar solución aos 200 afectados polo ERE de extinción

Mos | Os representantes do Comité de Empresa de Ganomagoga, encabezados polo seu presidente, Javier Pérez, reuníronse esta mañá no Concello de Mos coa alcaldesa, Nidia Arévalo, e a deputada autonómica Feli Rodríguez.

A solicitude da xuntanza partiu dos propios traballadores da empresa afectados por un ERE de extinción para todo o persoal do grupo (unhas 200 persoas) para pedir o apoio da rexedora local mosense, todo o equipo de goberno e Corporación Municipal.

Apoio comprometido por Arévalo para para interceder e mediar ante as administracións supramunicipais, que poidan buscar unha posible solución que garanta o emprego que sustenta a 200 familias da Área, concretamente dos concellos de Mos, Vigo, Porriño e Ponteareas.

Ganomagoga, que arrastra esta complicada situación desde finais do ano pasado, trátase dunha empresa estratéxica que produce maioritariamente torres eólicas, enerxía renovable do futuro. Os parques eólicos atópanse en plena promoción e expansión na Comunidade Autónoma galega, aprobados polos gobernos competentes. Asemade Ganomagoga é o maior e único grupo de empresas da industria eólica de toda a provincia de Pontevedra polo que desde o Comité de Empresa non comprenden “como, a pesares do seu futuro, déixase morrer por unha nefasta xestión da Dirección. Queremos saber a verdade sobre as contas do ano 2022. Cales foron en realidade os beneficios. Queremos transparencia e que se nos demostre que este non se trata dun ERE fraudulento”. Piden tamén os traballadores que se inclúa á administración pública na Mesa de Negociación, para garantir a transparencia e facer unha labor de fiscalización e intermediación.

Os membros do Comité de Empresa de Ganomagoga concluíron insistindo en que “se trata dun grupo que non só se dedica ao sector eólico, senón tamén á actividade naval e industrial. No naval somos unha das empresas especializadas na construción de pezas de propulsión para todo tipo de embarcacións navais e proveedores nivel 1 do Grupo Stellantis en automoción, para o que producimos en todo tipo de líneas de traballo desde instalacións modulares ata ampliación de naves, etc”.

“E tamén maquinaria para a fabricación das eólicas para todas as prantas do Grupo Gestamp en todo o mundo, ademáis de prantas de biomasa. Por iso dubidamos da legalidade deste ERE de extinción e solicitamos as máximas colaboración e implicación por parte de todas as entidades que desexen, e teñan a ben, implicarse nesta nosa causa, da que dependes 200 familias”.