Ourense | A xunta de goberno da Deputación de Ourense, nunha densa reunión con 22 asuntos na orde do día, aprobou a concesión de preto de 528.000 euros en axudas a entidades, cunha especial atención a colectivos sociais e empresariais.
O goberno provincial concedeu 161.000 euros para o financiamento de actividades e gastos de funcionamento de seis organizacións sociais: a Fundación de Discapacitados de Ourense, con 15.000 €; Aixiña, 50.000; Autismo Ourense, 40.000; a Fundación Monte do Gozo para Proxecto Home Galicia, 25.000; a Fundación de Discapacitados de Verín, 21.000; e á entidade Special Olympics Galicia, 10.000.
No ámbito empresarial destaca a colaboración coa Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) para o programa “ExportOU Internacionalización”, cunha axuda de 80.000 euros. Achega de 60.000 euros para apoiar ao Clúster da Pizarra de Galicia. A Asociación de Empresarios Gandeiros e Agricultores da Limia (Adegal) contará con 45.000 euros para gastos de funcionamento.
As entidades sectoriais tamén reciben achegas, con 20.000 euros para gastos de funcionamento do Consello Regulador da IXP Pataca de Galicia para gastos de funcionamento; mentres que o Consello Regulador Pan de Cea recibe dúas achegas para a tradicional festa de exaltación, con 15.000 euros, e 10.000 máis para a promoción deste produto.
No apartado de cultura e para actividades e gastos de funcionamento, a Agrupación de Libreiros de Ourense contará con 5.000 euros; a Asociación Musical Lopolias, 4.000 €; a Fundación Florencio Delgado Gurriarán, 30.000 €; a entidade Filarmónica Solpor de Celanova, 5.000 €; e a asociación cultural Cocas e Danzantes de Santa Tecla (Castro Caldelas) disporá de 6.650 euros para adquisición de equipamento básico. Os 3.000 euros que se destinan á Universidade de Santiago de Compostela serán para o proxecto “Estímulo talento matemático Estalmat”.
En deportes, concedéronse 8.000 euros á Federación Galega de Karate para a liga infantil; 15.000 á Federación Galega de Baloncesto para a Copa Deputación basquet e mini masculino e feminino; e 10.000 euros ao Club Ourense Volei Praia para o circuíto galego.
No capítulo de cooperación, a xunta de goberno concedeu 50.000 euros á Mancomunidade de concellos do Carballiño para o cofinanciamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).