“De Monte Faquiña ningunha empresa marchou para Portugal”

César Lago e Antonio Cajide | Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga
César Lago (esquerda), actual presidente da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga, e Antonio Cajide, quen foi o presidente desta entidade no período 2005-2016.

A Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Tameiga está tratando de poner orden a desfeita que o Concello de Mos, de xeito ilexítimo, creou nunha parte do monte comunal, o chamado polígono industrial de Monte Faquiña.

Para ter claro o que está ocorrendo entrevistamos a César Lago (CL), actual presidente da Comunidade e con Antonio Cajide (AC), quen foi o seu presidente (2005-2016)

Cal é a orixe do problema?
(AC) Habería que comezar dicindo que estes terreos de Monte Faquiña sempre foron da Comunidade de Montes. Non obstante, o Concello de Mos xestionaba unha parte dos terreos e facía concesións a empresas. Todo estaba mais ou menos, ata que o Concello decidiu vender. Xa non era unha concesión de uso senón a venda dunha parcela, en concreto á empresa Rodman. Foi cando a Comunidade de Montes reclamou todo iso, xa fai máis de vinte anos. En 2004, a xustiza en primeira instancia deunos a razón pero deixou fóra unhas cantas empresas que se instalaron despois desa reclamación. Esas empresas, sen embargo, recoñecen a titularidade dos vecinos sobre o Monte Comunal de Tameiga. Fumos a outro pleito en 2016 dentro do que é o perímetro de Faquiña. E a xustiza volveunos a dar a razón.

“Habería que comezar dicindo que estes terreos de Monte Faquiña sempre foron da Comunidade de Montes. Non obstante, o Concello de Mos xestionaba unha parte dos terreos e facía concesións a empresas”

O vindeiro 23 de novembro tedes o xuízo cos empresarios instalados en Monte Faquiña. Cal é a proposta que vos ofrecedes?
(CL) Non son con todos os empresarios, son con catro deles.
(AC) En realidade é só cun empresario. Trátase de Manuel Ferreira, da empresa Telenet Central Logística, porque os outros tres van da man deste empresario. Non é un xuízo contra os empresarios de Faquiña.

Pero tedes algunha proposta en concreto con el?
(AC) A proposta nosa é un novo arrendamento, sen embargo el quere seguir nas mesmas condicións que leva desde fai cincuenta anos. Os prezos teñen que ser actualizados.

Pero eses prezos son estándar ou varían de acordo ao terreo?
(AC) Hai unha pequena horquilla entre 2,5 e 3 euros por metro cadrado, e a horquilla vai depender da ubicación, digamos das que teñen moi bos accesos ao aeroporto de Peinador. Estes prezos están por debaixo da media do mercado, nós recadamos información doutros polígonos como Valladares, a PLISAN, Porto de Molle.

Qué pinta a Alcaldesa en todo isto? Por qué está tan enfrontada coa Comunidade?
(AC) É difícil sábelo; pode que lle moleste o feito de que a vía xudicial determinou que o monte comunal de Tameiga pertence aos veciños e non o Concello. Pero tamén existe unha cuestión económica. Antes recadaban uns 200.000 € ao ano e facían con iso o que lles petaba. Agora non poden facelo. Acaba de convocar aos empresarios e non tivo en conta aos donos do terreo. E que non era unha convocatoria ou reunión. Era simplemente lernos a cartilla publicamente diante os medios de comunicación.

Pero teño entendido que estiveron presentes tamén os representantes políticos da Corporación Municipal.
(CL) Estaban AEMOS, algúns empresarios, parte da Corporación Municipal. Precisamente, a oposición (BNG, PSOE e Gaña Mos) fixo a suxerencia de por qué non estábamos nós alí, qué clase de reunión era esa e por qué non estaban nela todas as partes involucradas.
(AC) Crean un problema onde non existe, por iso non nos chaman. Estamos xestionando 26 empresas dende fai catro anos que nos deixaron como se fora un puzzle. Non tiñan actualización de alugueres nin cumprían coas cláusulas. Levamos catro anos poñendo todo ben e ao día. Dos 26 empresarios só quedan oito por renovar contrato. Deses, a catro aínda lles caduca dentro de oito anos, aos outros catro está a piques de rematar. Son os que están “dirixidos” por Manuel Ferreira para facer unha especie de fronte común, para facer forza.

“Este tema é unha peza que abarca un puzzle moito máis grande que é o tema do R.C.D Celta de Vigo”

Podemos pensar que os empresarios están utilizando ao Concello como escudo para defender os seus intereses?
(CL) Pensamos que é todo o contrario; o Concello está utilizando ás empresas para botar á xente contra nós. Dinlles que queremos botar á xente á rúa, que estamos poñendo en perigo a vida de 800 familias, e cousas polo estilo. Este tema é unha peza que abarca un puzzle moito máis grande que é o tema do R.C.D Celta de Vigo. Aí está nai do año É un tema que a Alcaldesa lle molestou. Agora fará todo para botar a xente contra nós.
(AC) Despois de todas as xuntanzas que tivemos cos empresarios dinnos que agora teñen mellor seguridade xurídica para as súas empresas; “agora sabemos canto nos custa a renda anual e antes non o sabíamos”.

“O Concello (de Mos) está utilizando ás empresas para botar á xente contra nós”

Debe entenderse entón que a alcaldesa non ten comunicación directa con vós?
(AC) Noméame moitas veces nos plenos pero non hai comunicación. Xa dixo nunha reunión, “coa Comunidade de Montes, nunca. Declarámola Comunidade ‘non grata”. A todo isto, qué ten que falar ela con nós, se a negociación é entre os empresarios e nós?

Lago e Cajide aseguran que o Concello de Mos está utilizando aos empresarios para prexudicar a imaxe da Comunidade de Montes.

Cal é o papel actual do Concello?
(AC) O Concello non ten nada que ver. Nós subrogámonos nas condicións anteriores. Informamos aos empresarios que a partir do 1º de setembro de 2016, somos os arrendadores novos. E as condicións son as mesmas porque a xustiza obrigounos a respectar todos os acordos asinados co Concello. Só que agora cambiou o arrendador.
(CL) Debe quedar claro que nós non cambiamos en absoluto as condicións que viñan disfrutando os empresarios de Monte Faquiña. Nós, simplemente, estamos actualizando unha vez que vaian rematando os actuáis contratos.

“Nós non cambiamos en absoluto as condicións que viñan disfrutando os empresarios de Monte Faquiña. Nós, simplemente, estamos actualizando unha vez que vaian rematando os actuáis contratos”

Pensaron nun posible pelotazo urbanístico?
(AC) Algo deixou ver a Alcaldesa o outro día no pleno cando dixo que “daba un ano para cambiar isto”. Pode que estea pensando lexislar en contra do que hai establecido por lei.

Terá que ver coa relación que mantén a Alcaldía coa Presidencia do Celta de Vigo?
(AC) Cecais, pero os empresarios decántase que non gañan nada poñéndose na nosa contra. Todo o contrario. Algúns deles dinnos “a nós fainos unha publicidade negativa todo este problema”.

(CL) A Alcaldesa sacou dúas notas de prensa en diarios importantes sobre a empresa ElMar. Anunciaba que esa empresa se deslocalizaría a Portugal pola nosa culpa. Obviamente, nós fixemos as correspondentes xestións; falamos coa xerente da empresa quen nos asegurou que non había nada diso; polo contrario, anunciounos que ese tipo de publicidade non lles reportaba ningún beneficio.

Pero esa información sobre a suposta marcha a Portugal da empresa ElMar está afectando a Monte Faquiña?
(AC) Agora mesmo temos cero naves baleiras. O que si temos é unha lista de espera de empresas que están pendentes de aqueles contratos que venzan e que o arrendado non queira renovar, pois eles están interesados. E tamén queremos ampliar o polígono.
(CL) Non hai ningunha empresa que marchara a Portugal.

“Agora mesmo temos cero naves baleiras. O que si temos é unha lista de espera de empresas que están pendentes de aqueles contratos que venzan (…) Non hai ningunha empresa que marchara a Portugal”

(AC) Hai outros parques industriais no Concello de Mos, como Sanguiñeda, onde hai sitio para as empresas. Por qué nos os levan para alí? Se non van será polo prezo, entón nós non somos os caros.
(CL) Se as vantaxes foran tan evidentes e fora aquelo unha panacea, non só sería o problema de Monte Faquiña senón que marcharían doutros lados. Habería un éxodo empresarial e non terían sitio onde metelas.

Cal é o futuro urbanístico que a Comunidade de Montes ten previsto para o Monte Faquiña?
(AC) Hai varios proxectos, como reducir o tráfico pesado de camións, entre outros. Pero aínda que nós ofrecemos alternativas, é a administración a que decide.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.