Certo Mutismo

Por Agustín Lorenzo Fidalgo

Nunha noite de forte xeada, O Pampín saiu a eira que está a carón da súa casa, para pechar as cancelas, e ali mesmo, atopouse un mozo duns corenta anos, totalmente descoñecido na aldea, saudouno amigablemente e díxolle se quería quentarse na lareira da súa casa, o mozo miraba fixamente para o seu interlocutor, mais non respondia a ninguna pregunta.

Cando tentou pechar as cancelas, o mozo esbozando un sorriso meteuse na eira, e camiñou a par de Pampín, amosando na súa faciana certa ledicia, polo que Pampín coidou que o mozo era mudo.

A carón da lareira, estaba a súa muller e os seus catro fillos, e nada mais chegar, ofrecéronlle unha cunca de caldo, pan, touciño, e un pouco de viño, despois de comer, xesticulando agradeceulle o convite, adicaándolle sorrisos os nenos ali presentes que contaban entre catro e dez anos.

Durmiu toda a noite nun improvisado catre a carón da lareira, e xa pola mañá dispuxose a axudarlle nas tarefas da casa, actitude que mantivo todo o dia, sendo este feito o que levou a familia a permitirlle que seguise na casa coma un mais do grupo familiar.

Como queira que na aldea, levaban xa varios anos sen escola, Pampín tentaba que os seus fillos maiores, aprendesen algo na casa, e adoitaba ensinarlle e mandarlle tarefas fundamentalmente de matemáticas.

Unha noite con grande sorpresa puido ver como o forasteiro axudaba a seu fillo nas matemáticas, e sen dicir nada, sentouse o seu carón e puido comprobar o seu coñecemento e destreza nas explicacións.

Diante das preguntas de Pampín, o forasteiro foille contando a súa historia, díxolles que era ou fora (xa non sabía moi ben) mestre, que xunto con outros compañeiros, fora represaliado, torturado e condenado a cadea perpetua , e un dia puido fuxir agochado no carro do panadeiro, e estivera moito tempo vivindo no monte, e pasando moita fame e frio, e como ainda conservaba algún documento no peto do seu desgastado pantalón, puido verificar a certeza do seu pasado.

Adán que así se chamaba o mozo, foise integrando na vida familiar e organizando cada dia unha pequena escola cos fillos da familia, e como a aldea seguía sen ter escola de xeito oficial, pasou a ensinar os nenos e nenas da aldea, e xa polas noites tamen a mocidade que quixese, formando deste xeito unha especie de escola do ferrado na aldea.

Agustín Lorenzo Fidalgo

Deixa unha resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.