Causa Galiza, en contra da entrada da planta celulosa portuguesa na Mariña lucense

Critica a súa aprobación no Parlamento galego

Santiago de Compostela | A aprobación unánime onte no Parlamento galego dunha declaración que apoia a instalación dunha factoría de fabricación de fibra textil abre a porta falsa para a entrada dunha nova celulosa en Galiza.

O que se aprovou por unanimidade, cos votos a favor do BNG, é unha iniciativa do PPdeG transaccionada co PSdeG, para apoiar que a fábrica de fibras téxtiles que promove o consorcio Impulsa, criado pola Xunta de Galicia e Abanca para captar fondos europeos Next Generation, e que asinou un compromiso de entendemento coa multinacional lusa da celulosa Altri, se instale “preferentemente” na comarca luguesa da Mariña.

Na declaración afírmase que se debe “dar prioridade ao proceso de deseño” desta factoría “por ser unha gran aposta, tanto desde o punto de vista económico e laboral, como desde o punto de vista estratéxico”. E concreta que se “propicie o seu emprazamento preferentemente” na Mariña.

Altri é unha das máis poderosas multinacionais europeas da celulosa de eucalipto. As suas filiais Celulosas da Beira Industrial-CELBI e Caima Indústria de Celulose S.A. suman 1.100.000 toneladas de producción anual de pulpa de celulosa de eucalipto BEKP e de pulpa solúbel de celulosa, que é utilizada para a fabricación de fibras téxtis. Se a planta de Caima foi a primeira no mundo en operar fabricando pulpa de celulosa a partir de madeira de eucalipto, desde 2018 é a pioneira na obtención de fibras téxtis a partir desta mesma madeira.

A planta que se quere proxectar na Mariña aproveitaría a experiencia da de Caima, por iso a Xunta seleccionou a Altri. A celulosa da Celbi e a da Caima teñen sido acusadas de poluir de forma recorrente as suas respetivas contornas, tanto o meio acuático ben como o atmosférico. O seu negócio forestal é responsábel pola eucaliptización de dúcias de miles de hectáreas en Portugal.

A sinatura en 1 de Outubro de 2021 dun compromiso de colaboración entre a Impulsa, o consorcio de Xunta de Galiza e Abanca, e a Altri para promover unha “unidade industrial que venha a ter capacidade para produzir anualmente cerca de 200.000 toneladas de pasta solúvel e fibras sustentáveis, tendo em vista, principalmente, o fornecimento do sector têxtil, aproveitando o excecional cluster Têxtil do Norte da Península Ibérica, enquadrando-se no programa “Next Generation EU” e no Plano Nacional de Recuperação e Resiliência Espanhol” iria acompañado dun plano forestal, tal como se concreta no texto do Memorando de Entendimento asinado: “prevê-se ainda o desenvolvimento de um plano técnico, operativo e comercial, no contexto do Proyecto de Gestión Sostenible de los Bosques Gallegos.”

O voto do BNG
O voto afirmativo do BNG é, unha vez máis, a prova palpabel de que a fronte nacionalista da apoio ás posicións contrarias ao país cando de cuestións estratéxicas se tratar. Xa se viu na história recente en momentos fundamentais, apoiando a construcción da planta de Reganosa de Mugardos ou a conexión de alta velocidade ferroviaria con Madrid. No caso da factoría da Altri, o BNG é capaz a reivindicar a saída da factoría de Ence da ría de Pontevedra, sen concretar alternativa e sen atreverse a defender a súa saída do País, e ao mesmo tempo, asinar unha declaración de apoio para traer unha nova celulosa para a Mariña.

En chave interna, a pregunta é se as bases do BNG son conscientes do camiño iniciado pola formación nacionalista cara un pragmatismo posibilista que renega de dar a batalla contra a industrialización de enclave, un dos seus postulados históricos, ou de defender un modelo forestal alternativo que impida a eucaliptización do País. Este pragmatismo forestal achega o nacionalismo galego á aceptación do statu quo ditado polas multinacionais da celulosa e consolida unha acción política morna, en liña coa tradicional aposta de “soltar lastre para gobernar”.

A outra pregunta é se as correntes arredistas que participan do frontismo do BNG son capaces a aceptar os sucesivos pasos que conducirán a formación cara unha versión hiperposibilista, que renuncia á intervención nas problemáticas de carácter colonial que atinxen a boa parte do povo galego organizado en plataformas e movimentos de oposición.

Assinatura dun Memorandum de Entendimento com parceiros para o investimento na Galiza https://live.euronext.com/nl/listview/company-press-releases/406#CompanyPressRelease-6824271