Buscan recuperar a tradición da cestería de Mondariz

AporM reuniuse en Madrid co ministro de Cultura Ernest Urtasun

Mondariz/Alternativa por Mondariz | O portavoz de Alternativa por Mondariz (ApoM), Xoán Carlos Montes, tivo a oportunidade de reunirse con Ernest Urtasun, Ministro de Cultura do Goberno de España para darlle traslado de algunhas cuestións relacionadas coa recuperación da cestería en Mondariz.

Neste encontro puideron ter unha distendida conversa sobre a recuperación da cestería en Mondariz (un dos piares culturais do municipio), e a implicación do Ministerio de Cultura para a recuperación dos oficios artesáns, en termos xerais. A problemática que presenta Xoán Carlos Montes (Calis) está relacionada con trabas legais relacionadas coa contratación de persoal, de creación de obradoiros… porque estes oficios adoitan ser desenvolvidos por persoas xubiladas. É necesario estudar esta situación e ver cómo o Ministerio podería colaborar coas entidades locais para poder recuperar os oficios artesáns, que teñen un enorme valor cultural e identitario.

O portavoz de AporM declara que “Hai oficios que se están perdendo. Os últimos maestros non poden colaborar ou axudar porque non se dan as circunstancias para facelo”. Trátase dunha problemática que non só se dá en Mondariz, senón que se pode estar dando noutros concellos de España, sobre todo nos rurais, xa que poden existir oficios vinculados aos terreos que topan dificultade para desenvolverse no actual modelo económico.

Neste sentido, hai que buscar vías de colaboración para poñer en valor estes oficios es que sexa un recurso para potenciar o rural, co obxectivo de xerar postos de traballo e o asentamento de poboación. Cando o Concello de Mondariz estaba gobernado por AporM, estábase valorando a creación dunha escola-obradoiro nun edificio no centro de Mondariz. A idea era adquirir en propiedade o inmoble e habilitalo para prestar este tipo de servizos, relacionados coa artesanía, co turismo e co patrimonio de Mondariz, para así poñelo en valor.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.