Boicot contra Israel en “La Vuelta 2025″

A plataforma Galiza por Palestina pide a mobilización cidadá contra a participación do equipo Israel Premier-Tech

Santiago de Compostela | A Asociación Galiza por Palestina chama a colectivos, asociacións e movementos sociais a mobilizarse durante as etapas galegas de La Vuelta a España 2025, entre o 7 e o 10 de setembro.

O obxectivo é denunciar o uso do deporte como ferramenta de sportwashing por parte de Israel, país acusado pola ONU, o Consello de Dereitos Humanos e o Tribunal Internacional de Xustiza de ocupar ilegalmente Palestina, practicar apartheid e cometer crimes de guerra e xenocidio. Na proba ciclista participará o equipo Israel Premier-Tech.

Segundo a Convención Internacional contra o Apartheid no Deporte (1985), os estados que manteñen políticas de segregación racial e opresión sistemática non deben participar en competicións internacionais. Así como se boicoteou á Sudáfrica racista, hoxe é a quenda de Israel: Fóra Israel do deporte internacional!

As etapas de “La Vuelta” en Galiza
– Etapa 15 (7 setembro): A Veiga/Vegadeo → Monforte de Lemos
– Etapa 16 (8 setembro): Poio → Mos (Castro de Herville) •
– Etapa 17 (9 setembro): O Barco de Valdeorras → Alto do Morredero (A competición celébrase do 23 de agosto ao 14 de setembro en todo o Estado) Chamamento á cidadanía

A asociación fai un chamamento en Galiza a portar bandeiras palestinas e mensaxes de denuncia do xenocidio durante o percorrido da Vuelta, visibilizando así a solidariedade co pobo palestino. Desde mediados de agosto, mantéñense contactos con asociacións solidarias de todo o Estado para promover accións de protesta conxuntas e enviar correos de denuncia á empresa organizadora Unipublic, esixindo a cancelación da participación do equipo israelí.

A plataforma tamén lamenta as declaracións de Javier Guillén, director da Vuelta, quen xustificou a presenza do equipo israelí alegando que compite por “dereito propio”. Pola contra, a asociación lembra que a lei internacional establece que un estado que practica A asociación fai un chamamento en Galiza a portar bandeiras palestinas e mensaxes de denuncia do xenocidio durante o percorrido da Vuelta, visibilizando así a solidariedade co pobo palestino. Desde mediados de agosto, mantéñense contactos con asociacións solidarias de todo o Estado para promover accións de protesta conxuntas e enviar correos de denuncia á empresa organizadora Unipublic, esixindo a cancelación da participación do equipo israelí. A Asemblea Xeral da ONU, o Consello de Dereitos Humanos e o TIX teñen sinalado reiteradamente a ilegalidade da ocupación israelí, denunciando prácticas de colonización, apartheid e limpeza étnica contra o pobo palestino. Ademais, o artigo 1º dos Pactos Internacionais de Dereitos Humanos recoñece o dereito dos pobos á autodeterminación, un dereito negado a Palestina desde hai 77 anos.

 

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.