Autárquicas 2021: sen maiores cambios no Alto Minho

A continuidade predomina no novo mapa do poder municipal
O socialista José Manuel Carpinteira gañou a Câmara Municipal de Valença do Minho.

Alto Minho | “Continuidade no Alto Minho”. Ese foi o tratamento que reflectiron os medios de comunicación portugueses e tamén de Galicia sobre os resultados das eleccións autárquicas 2021 celebradas nas Cámaras Municipais portuguesas o pasado 26 de setembro.

Das dez Câmaras Municipais que forman parte do Alto Minho, o status quo do poder municipal conservouse e 8 deles. Só Valença do Minho (vitoria do socialista José Manuel Carpinteira) e Vila Nova de Cerveira (Rui Teixeira, tamén socialista) cambiaron de cor política. A nivel nacional, foron 67 as Câmaras Municipais que cambiaron de goberno tralos comicios do pasado domingo 26.

Dende Galicia, Atlántico Diario intitulou “O Norte portugués votou continuidade”, destacando que “os alcaldes do Porto (Rui Moreira, independente) e Braga (Ricardo Rio, coalición PSD/ CDS-PP/ PPM/), as dúas principais cidades, continuarán 4 anos máis, os últimos, tras revalidar os seus cargos nas municipais. Viana tampouco cambia de cor. Valença vira á esquerda”.

Así, de acordo a Radio Vale do Minho, a continuidade no poder municipal predominou en Viana do Castelo (coa reelección do PS agora con Luís Nobre na alcaldía), Monção (PSD), Melgaço (PS), Caminha (PS), Paredes de Coura (PS), Ponte de Lima (CDS/PP cun novo alcalde, Vasco Ferraz), Arcos de Valdevez (PSD), Ponte da Barca (PSD) e Ponte de Lima (CDS).

A nivel nacional, como informa OMinho, o gobernante Partido Socialista (PS) “conquistou 148 câmaras em listas próprias (34,23% dos votos), menos uma que em 2013”. Toda vez a centrodereita do PSD “conseguiu distanciar-se dos mínimos históricos de 2013 e 2017, assumindo a presidência de 113 municípios”, sendo “72 câmaras em listas próprias, e outras 41 em coligação, das quais 31 em aliança com o CDS-PP”.

O PS gaña nivel nacional, pero perde poder
O cambio máis significativo foi na capital Lisboa, onde a centrodereita do PSD con Carlos Moedas puxo fin a 14 anos de gobernos socialistas ininterrumpidos, que tamén perderon Coimbra a mans dun partido independente. Diário de Noticias informou que, a nivel nacional, a perda de 12 Câmaras Municipais por parte do PS co respecto ás anteriores autárquicas de 2017 significou tamén “perder a maioría absoluta na ANMP”, a Associação Nacional de Municípos Portugueses.

As autárquicas 2021 tamén teñen incidencia política para o actual presidente de goberno, o socialista António Costa. Non obstante os cambios de cor política en Câmaras Municipais politicamente estratéxicas como Lisboa, segundo informa Público, o propio Costa xa declarou que “não há preparada nenhuma remodelação do Governo”.

En canto a outros partidos a nivel nacional, a ultradereita de Chega!, que participaba nas súas primeiras eleccións autárquicas, alcanzou o cuarto lugar (4,16%), sen conquistar algunha câmara pero si 19 vereadores, a maioria en Lisboa e Santarém. Pola súa banda, o Bloco de Esquerda

En quinto lugar, o Bloco de Esquerda obtivo o 2,75% dos votos sen alcanzar ningunha Câmara municipal e quedando con só catro vereadores dos 12 que tiña nas anteriores eleccións de 2017.

Analista de xeopolítica e relacións internacionais. Licenciado en Estudos Internacionais (Universidade Central de Venezuela, UCV), magister en Ciencia Política (Universidade Simón Bolívar, USB) e colaborador en think tanks e medios dixitais en España, EE UU e América Latina.