Arbo | O Concello de Arbo, coa intención de mellorar os sendeiros que percorren a beira do Rio Miño e do Rio Deva, así como mellorar a seguridade dos usuarios dos sendeiros. Para iso solicitou unha Achega a Dirección Xeral de Patrimonio Natural. Esta admiración autonómica resolveu conceder ao Concello de Arbo, unha achega por importe de 21,365,45€.- para a mellora dos sendeiros dentro do espazo de Rede Natura.
O concello de Arbo a través destas subvencións de Rede Natura vai realizar varias actuacións que melloren a accesibilidade e a seguridade dos visitantes nos sendeiros que percorren o espazo Rede Natura do Baixo Miño. As actuación consistirán no seguinte: Construción de varandas no Sendeiro do Deva para evitar caídas a distinto nivel. Creación dun acceso ao Sendeiro de Pescadores do río Miño no entorno do campo de fútbol e modificación do trazado no Sendeiro da Moura ocasionado por un derrube.
O importe da actuación nos sendeiros ascende á cantidade de 25.852,19 € (IVE do 21% incluído que ascende a 4.486,74 €), dos que 21,365,45 contan co financiamento da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Galicia.
As características destes sendeiros protexidos pola Rede Natura son os seguintes:
Sendeiro de pescadores do río Miño: Percorre a ribeira do Miño ao longo de 7 km dende a praia de Sela ata os miradoiros da ponte internacional.
Sendeiro de pescadores do Deva: Dende os miradoiros da ponte internacional percorre a desembocadura do río Deva no Miño e continúa augas arriba pola marxe esquerda do Deva ata chegar a praia fluvial de San Xoán.
Sendeiro da Moura: Tratase dun sendeiro circular que pasa pola praia fluvial de San Xoán e percorre a marxe esquerda do Deva e os montes de Arbo ascendendo ata o Coto da Moura.