Aprendermos a historia de Galicia.

Cadernos da viaxe.

A lexislación estatal distribúe as competencias para a fixación do currículum educativo ao 50% entre a Adminsistración do Estado e cadansúa Administraciuón autonñomica nos países con lingua propia.

No exercicio desta competencia o Goberno do Estado ven de fixar os contidos mínimos a estudar na historia española, cinguíndose exclusivamente á historia contemporánea, dende a aprobación da Constitución de Cádiz, priorizando deste xeito un relato de España como nación única e omitindo periodos históricos como o medieval ou o da Idade Moderna que deixan moito máis patente a evolución da península ibérica como ámbito territorial dunha convivencia plurinacional.

Xa que logo, o lóxico sería que Galicia aproveitase as súas competencias para desenvolver estes mínimos curriculares inserindo e estudo da historia propia. Unha historia agachada pola historiografía española e descoñecida por unha grande maioría da nosa cidadanía.
Mais a Xunta non está por traballar na lóxica devandita. E velaí como o conselleiro de Educación demite da súa responsabilidade, promovendo contidos adicionais aos mínimos estatais precisamente dos periodos omitidos da historia española, no canto de por os bimbios para aprendermos no bacharelato a historia de Galicia.

“O lóxico sería que Galicia aproveitase as súas competencias para desenvolver estes mínimos curriculares inserindo e estudo da historia propia”

Sen o coñecemento do noso substrato celta, da romanización, das achegas sueva e britoa ou da irrelevancia da invasión árabe non se entende o xurdimento do reino de Galicia no século IX. Sen explicarmos o reino de Galicia non se entende o fenómeno xacobeo nin a prosperidade do noso país nos séculos XII e XIII, da que xurden a Catedral compostelá e o seu Pórtico da Gloria e máis a fundación de vilas e cidades portuarias como Baiona, Noia, Viveiro ou A Coruña.

Sen explicarmos a trascendencia da separación de Portugal e da unión persoal do reino de Galicia e León co de Castela en 1230 non se entende a tendencia proportuguesa e anticastelá da meirande parte da aristocracia e do pobo galegos nos séculos XIV e XV nin a represión dos Reis Católicos pola aposta galega pola lexítima raíña Xoana no canto da non lexítima Isabel.

Sen coñecermos a trascendencia da introdución dos cultivos da pataca er do millo e a funcionalidade do foron non podemos entender a prosperidade da agricultura galega nin a súa punxante demografía no século XVIII.

Sen entender os efectos do centralissmo e o fracaso da nosa revolución democrática de 1846 non podemos coñecer o porqué do noso empobrecemento e da emigración.

Sen coñecer o labor do Partido Galeguista non entenderemos o plebiscito do Estatuto de 1936, de onde xurde, constitucionalmente, o noso recoñecemento como nacionalidade e, xa que logo, a legalidade autonómica que fai que Román Rodríguez de conselleiro.

Advogado. Colabora en varios medios galegos.