“Allá van leyes, do quieren reyes”

Ou sexa, que de haber calquera tipo de responsabilidade dos actos do Rei refrendados polos ministros quen se sentará non banquiño dos acusados será o ministro ou ministra correspondente, porque o Rei é inviolable. Non ten responsabilidade ningunha faga o que faga. Que barbaridade!!! , non cren?

Artigo 62:
Corresponde ao Rei: a/Sancionar e promulgar leis / b/ Convocar e disolver as Cortes Xerais e convocar eleccións //c/ Convocar a referendo nos casos previstos na Constitución. // d/ Propoñer o candidato a Presidente do Goberno e, no seu caso, nomealo, así como poñer fin ás súas funcións nos termos previstos na Constitución. e/ Nomear e separar os membros do Goberno a proposta do seu Presidente. f/ Expedir os decretos estipulados no Consello de Ministros, conferir empregos civís e militares e conceder honores e distincións segundo as leis. g/ Ser informado dos asuntos de Estado e presidir, a estes efectos, as sesións do Consello de Ministros, cando o estime oportuno, a petición do Presidente do Goberno. //h/ Mando supremo das Forzas Armadas. // i/ Exercer o dereito de graza segundo a lei, que non poderá autorizar indultos xerais. // j/ O alto Patronato das Reais academias.

No artigo 63, lemos:
1,-O Rei acredita os embaixadores e outros representantes diplomáticos. Os representantes estranxeiros en España están acreditados diante del. / 2.- Correspóndelle ao Rei manifestar o consentemento do Estado para obrigarse internacionalmente por medio de tratados de conformidade coa Costitución e as leis. /3.- Correspóndelle ao Rei, previa autorización das Cortes Xerais declarar a guerra e facer a Paz.

Esa é a razón pola que os membros do Goberno teñen que render pleitesía diante do Soberano. Se ten tan pouco Poder a que vén que os ministros e o presidente do goberno, membros dos órganos xudiciais, etc. teñan que ser refrendados polo Rei? Non quedamos en que reinaba pero non gobernaba; logo todo esa parafernalia a santo de que vén?

No artigo 61 podemos ler:
O Rei, ao ser proclamado diante das Cortes Xerais, prestará xuramento de desempeñar fielmente as súas funcións, gardar e facer gardar a Constitución e as leis e respectar os dereitos dos cidadáns e das Comunidades Autónomas. Pregunta, como poderá facer gardar a Constitución unha persoa que ten tan pouco Poder? Ou estamos pensando que como Comandante en Xefe dos Exércitos pode mandar intervir unha autonomía, por exemplo?

Como poden observar, non é tan fraco o poder que ten o Rei. Claro que mentras non faga algo parecido ao seu antepasado, tal como parece tivo o seu pai a tentación de facer no 23-F todo vai ben.

Non é de estrañar que hoxe sexamos moitos os que entendemos non é de recibo que unha persoa non elixida polos cidadáns acapare todo ese Poder. Polo menos que se constitúa un Partido Monárquico, que se presente a unhas eleccións e despois dos resultados estariamos en condicións de saber se os cidadáns deste País eramos monárquicos ou republicanos.

A ver se alguén se atreve a convencer o Rei que a lexitimidade non se pode posuír pola graza e vontade dun grupo de políticos que no seu día escribiron unha constitución, a someteron a referendo e conseguiron que fose aprobada, cos seus máis e os seus menos, como todos sabemos. Houbo partes do Estado en que non foi votada, pero sen embargo si foi imposta.

O “allá van leyes, do quieren reyes” segue tendo bastante actualidade. Sexan felices se poden aínda que non sexan monárquicos de toda a vida.

Mestre retirado. Realizou estudios de Filosofía e Letras, Dereito e Ciencias Políticas, Francés e Galego. Un dos fundadores da UCSTE, foi membro do consello nacional do «Movemento de Mestres». Fundador de «A PENEIRA» (1984). Director de «Novas do Eixo Atlantico»