Adeus a Dora Carrera, referente da Asociación Érguete

Natural do Porriño, contaba con 93 anos e ocupaba a vicepresidencia da asociación

O Porriño | Dora Carrera, vicepresidenta da Asociación Érgueta, faleceu aos 93 anos. Natural do Porriño, Carrera foi un referente na loita contra o narcotráfico, froito dun activismo de décadas, destacando a súa implicación para denunciar este mal na denominada Operación Nécora.

Un exemplo do seu compromiso veuse en agosto pasado, cando asistiu ao centro penitenciario de A Lama para compartir unha xornada con persoas presas polos seus problemas de adicción. A Asociación realizoulle unha homenaxe durante a súa gala polos 40 anos realizada en Vigo, ante a asistencia de 900 persoas.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.