ACiP presenta solicitude de cesión da N120 ao seu paso no casco urbano de Ponteareas

Para facilitar a rehabilitación das vivendas alí construídas

Ponteareas/ACiP | Dita solicitude facilitaría a rehabilitación das vivendas construídas ao marxe da devandita estrada, e que forman parte do casco antigo do Concello.

Dito, acordó permitiría que o Concello sexa quen otorge as licenzas e non como agora que pertenece a Fomento que negas todas e lograríamos que se animen a rehabilitación coa creación de una línea de axudas locais.

Na actualidade calquera vivenda existente en marxe da Nacional 120 non pode rehabilitarse, pois dita autorización pertence ao Ministerio de Fomento que aplica a lei, dando só autorización a obras que estean a mais de 50 metros da aresta exterior da estrada. Só permite a conservación e mantemento das existentes, pero por todos é sabido o estado de deterioración da maioría das vivendas da zona, e necesitan unha rehabilitación na súa totalidade, pero Fomento nega as autorización solicitadas.

Dita lei deixa claro que as vivendas da zona non cumpren os retranqueos previstos, pero máis grave é o seu estado de ruína que presentan moitas delas, poñendo en perigo os viandantes e veciños da zona, pois a norma non permite tampouco a súa demolición.

Estas vivendas están protexidas por Patrimonio e forman parte do casco antigo do Concello. Desde ACiP entendemos e propoñemos solucións para que os propietarios poidan comezar coa rehabilitación das vivendas. É curioso que o goberno local BNG-PSOE nos últimos 6 anos dan a calada por resposta, a propósito das solicitudes de propietarios para a rehabilitación das súas vivendas, e que son denegadas polo Ministerio de Fomento, o que reafirma a nula xestión en materia de Urbanismo. Pasan os anos e son incapaces de resolver as verdadeiras necesidades dos nosos veciños, todo queda en propaganda barata.

Segundo o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, é curioso que vendan a bombo e a prato a creación da área de rehabilitación integral do casco antigo o pasado ano, contratando novamente unha empresa a dedo cun cuantioso custo económico para as arcas municipais, e non sexan capaces de xestionar algo tan importante e necesaria medida como solicitar a cesión do tramo que transcorre polo centro urbano de Ponteareas para eliminar esta negativa á autorización de rehabilitacións.

En ACiP presentamos esta proposta ao pleno e esperamos que a mesma salga aprobada por unanimidade por todos os grupos municipais, despois cada un será responsable da súa votación. Xa non valen desculpas, só lembrar que dita solitud ten que ser resolta no prazo de dous meses polo Ministerio de Fomento, para por fin retirar un escollo que non debería existir e seguir o exemplo doutros Concellos en reclamar a titularidade do devandito vial, acompañado dun convenio de investimentos, de pavimentación e urbanización das beirarrúas existentes.