ACiP denuncia a discriminación do alcalde de Ponteareas co servizo de bombeiros

Ponteareas/ACiP | Resulta curioso que o Alcalde como responsable do servizo de Bombeiros sexa o primeiro que incumpra coa legalidade laboral segundo o propio convenio Laboral aprobado por el, mentres todos os traballadores de diferentes servizos do Concello que realizaron servizos extraordinarios o pasado ano pagóuselles, mentres a os traballadores de bombeiros seguen a espera pola negativa do Alcalde dos servicios que el ordeu realizar.

Nótase que non estamos en eleccións municipais, onde el mesmo ordenáballes a realización dos servizos extraordinarios ante a falta de efectivos humanos, o lamentable que a data de hoxe, ás portas do mes de xuño os traballadores do servizo de Bombeiros sigan sen cobrar os servizos extraordinarios realizados o pasado ano 2019.

Cabe lembrar que o servizo de Bombeiros é un servizo obrigatorio a dar polo Concello por lei e que o BNG estando na oposición quiso cerrar o Parque de Bonbeiros de Ponteareas por iso no nos estraña tal actitude de discriminación, sendo un dos servizos mellor valorados polos veciños do Concello que abarca toda a comarca.

Mais grave, engade o Portavoz de ACiP Juan Carlos González Carrera, é que cando interesa presumen do servizo de bombeiros como ocorreu nos incendios do 2017, ou en servizos como a loita contra avista velutina, pero despois os gobernos chamados de esquerdas son os primeiros que incumpren a lexislación laboral. Non contratan persoal para o mantemento das quendas, e obrígalles a realizar servizos extraordinarios que agora se nega a pagar.

Para máis controversia, outros servizos do Concello si se lles pagaron os servizos extraordinarios no principio do ano, e os servizos de bombeiros seguen á espera.

Desde ACiP denunciamos a negativa a máis do cumprimento do convenio colectivo dos traballadores, onde desde principio de ano terían que estar a percibir nas suas nóminas os pluses de perigosidade e penosidade correspondente a o perigo do seu traballo, e onde o Alcalde négase a reunir a comisión paritaria onde están representados todos os sindicatos para pagarlles os seus dereitos laborais.

En cambio é curioso como o Sr Represas dea pluses directamente o cal e ilegal e gratificacións económicas discriminadamente a traballadores que lles interesa, nalgúns casos gratificacións por servizos non xustificados por ningún responsable de departamento que moito nos tememos, que se refiren a pagos a persoas afíns a o seu partido Político, pois algún deles participaron activamente nas campañas electorais do BNG.

Esiximos o cumprimento do convenio dos traballadores e non de forma partidista como nos ten afeitos.