A OMIC de Salceda atendeu preto das 500 consultas en 2022

Informou sobre diversos temas relativos aos dereitos do consumidor

Salceda de Caselas | A Oficina Municipal de Información ao Consumidor do Concello de Salceda de Caselas (OMIC), coordinada dende a concellería de comercio que dirixe a alcaldesa Verónica Tourón, recibiu o longo do ano 2022 preto de 500 consultas relacionados con temas sobre garantías, dereitos dos consumidores, reparación de bens consumibles, revogacións de contratos, etc.

A súa tarefa nestes casos foi a de informar, mediar ou derivar ao Instituto Galego de Consumo para que inicie os correspondentes expedientes. Esta oficina está situada na Casa da Cultura Castelao e é atendida por un técnico municipal de consumo.

A súa vez tramitou un total de 150 expedientes de reclamacións ao Instituto Galego de Consumo (IGC), para que este organismo dependente da Consellería de Economía e Industria decidise se ditas reclamacións se someterían a mediación previa, a Arbitraxe de Consumo ou se resolverían mediante outro tipo de vía administrativa.

Así mesmo se remitiron a outros organismos de mediación públicos un total de 70 reclamacións. Ao Departamento de Conducta e Reclamacións do Banco de España as reclamacións bancarias; A Secretaría de Estado de Telecomunicacións as compañías telefónicas que non se someten a “xurisdición” galega; A Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Industria as reclamacións as compañías de seguros; A AESA (Axencia Estatal de Seguridade Aérea) as reclamacións contra as Compañías Aéreas, etc.

Por apartados, resaltar que das 150 reclamacións este ano foi sen dúbida o das compañías eléctricas e as de gas, debido aos prezos desorbitados e os cambios de contrato sen previo aviso. Se recolleron un total de 50 reclamacións relacionadas co Gas e a Electricidade.

O segundo lugar o ocupan as compañías de telefonía móbil, fixa e Internet tal e como ben sendo habitual nos últimos anos tamén nas consultas, cun total de 45 expedientes. A continuación as tendas físicas con 20, os bancos con 15, as tendas on-line, as compañías aéreas, a venta a domicilio, e por último as academias a distancia, os talleres, empresas de transporte, as compañías de seguro, etc.

Con respecto aos anos anteriores, no ano 2022 se mantivo o número de reclamacións, pero aumentou considerablemente o número de consultas no servizo. Salientar que o 75 % da poboación atendida é residente no municipio de Salceda de Caselas e o 25 % restante pertence aos concellos veciños de O Porriño, Salvaterra de Miño, Tui e Ponteareas.

Resaltar por último que a OMIC de Salceda de Caselas a través do seu técnico responsable é membro do Consello Reitor do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, pois leva dende o ano 2000 ofrecendo este servizo no Concello.