A Comunidade de Parada e Rocha recibe premio +AQUA

Na categoría de traída con maior impacto social

Ponteareas | A Comunidade de Usuarios de Augas Parada e Rocha foi distinguida co 3º premio do programa +AQUA da Deputación de Pontevedra, na categoría “Recoñecemento á traída con maior impacto social”, dotado con 600€.

Nesta categoría avaliouse a mellora demostrable na calidade de vida da veciñanza, o abastecemento en zonas illadas ou con dificultade de acceso histórico á auga, a inclusión de colectivos vulnerables e a transformación comunitaria grazas á traída.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.