A Cañiza na Campaña solidaria UNIRAID 2026

Os cañicenses Brais e Junior participarán nesta edición en Marrocos

A Cañiza | O Alcalde da Cañiza Luis Piña presentou a campaña solidaria UNIRAID 2026 xunto con Brais e Junior, veciños e integrantes do equipo “Terra Xamón”, participantes deste raid solidario internacional e promotores da campaña de recollida de material solidario posta en marcha no municipio.

A proba, na que participan máis de 150 equipos, desenvolverase do 7 ao 14 de febreiro de 2026, ao longo dun percorrido duns 3.000 quilómetros por Marrocos, dividido en seis etapas que se realizan seguindo un roadbook, sen GPS nin dispositivos electrónicos, empregando vehículos de máis de 15 anos sen tracción 4×4.

Deixa unha resposta

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.