A Cañiza | Os Alcaldes da Cañiza, Luis Piña, e de Covelo, Pablo Castillo, presentaron esta mañá o Programa CLARA, unha iniciativa conxunta dos dous concellos dirixida a promover a igualdade e previr a violencia de xénero mediante un servizo municipal integral e compartido.
O programa dirixido a mulleres, nenas e persoas ao seu cargo dos Concellos da Cañiza e de Covelo, contará cun equipo multidisciplinar de profesionais nas áreas de dereito, psicoloxía, terapias e igualdade. Desenvolverase intensamente durante os meses de agosto e setembro, e inclúe actividades de atención psicolóxica e xurídica, orientación laboral, saúde e benestar, así como accións de sensibilización en igualdade.
O Programa CLARA está financiado cunha axuda de 20.559,96 € concedida pola Dirección Xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027. O Programa foi adxudicado á empresa RED TALENTO CONSULTORAS SL, con ampla experiencia en proxectos similares en 17 municipios galegos.
O servizo estará dispoñible todos os xoves en horario de 9:00 a 15:00 horas, con cita previa.
• A Cañiza: Edificio Multiusos, 1º andar
• Covelo: Centro de Maceira
• Teléfonos e WhatsApp para cita: 606 118 853 / 687 227 495
• Está dirixido a mulleres e persoas que dependan delas, con garantías de privacidade e gratuidad.
Servizo de atención psicolóxica:
• Estrés, ansiedade, autocoidado, orientación familiar
• Apoio emocional e saúde mental
Servizo de atención xurídica:
• Asesoramento en temas penais, civís ou administrativos
• Mediación e resolución de conflitos
• Apoio en casos de violencia de xénero, acoso, discapacidade, nacionalidade, extranxeiría, etc.
• Novidade: Realización de CV por competencias con IA, atención individual e traballo grupal posterior
Ao longo de agosto e setembro, desenvolveranse múltiples actividades.