A Cañiza e Confederación Hidrógráfica Miño-Sil asinan convenio de saneamento

Por un importe de 1.450.000€

A Cañiza | Hoxe asinouse no Concello este Convenio de colaboración que é froito das numerosas reunións que o Alcalde Luis Piña mantivo dende o ano 2019 co Presidente da Confederación Hidrográfica Miño Sil, José Antonio Quiroga, poñendo enriba da mesa a grave problemática que ven arrastrando o Concello en materia de saneamento, depuradoras e colectores municipais. Ésta é a 1ª vez que a CHMiño-Sil colabora co Concello da Cañiza, cun investimento deste importe.

O convenio, que se aprobou polo Pleno o pasado 17 de febreiro, contempla o investimento necesario para o estudo e a realización das obras de reforma das depuradoras máis deficitarias e dos tramos da rede de saneamento do casco urbano máis deteriorados, por un importe total de 1.450.000,00€.

Inversión que se financiará con cargo aos orzamentos de gastos da CHMiñoSil e do Concello da Cañiza para os anos 2023, 2024 e 2025 e que suporá unha aportación por parte da Confederación de 1.160.000,00€, un 80% do total e de 290.000,00€ do Concello, o 20% restante.

O importe está distribuido en 116.562,00€ para a redacción do estudo de alternativas e redacción de proxectos.  1.180.398,18€ para contratar as obras de mellora das instalacións de depuración. 118.039,82€ de crédito a reter para a liquidación do contrato de obras e por último 35.000,00€ de asistencia técnica para a dirección das obras.

A colaboración da Confederación inclúe tamén os traballos que dende abril de 2022 ven desenvolvendo na Cañiza a empresa coruñera Anteagroup. Esta enxeñería é a encargada de redactar un estudo en profundidade das alternativas reais capaces de optimizar os actuais sistemas de depuración e a redacción dos proxectos que se deriven destes análisis.

Anteagroup leva case un ano examinando en profundidade a problemática das estacións depuradoras de augas residuais urbana e industrial, das depuradoras SMA de Valeixe e de Achas e de outros colectores e fosas municipais, ademáis de toda a rede de saneamento do casco urbano.

A principios deste mes Joaquín José López, director técnico adxunto da CHMINO-SIL xunto cos responsables da empresa redactora do Estudo,  mantiveron unha reunión co Alcalde para darlle a coñecer o alcance do estudo e decidir os primeiros traballos que se abordarán, sempre antepoñendo as necesidades reais do Concello e tamén intentando evitar todos os riscos medioambientais posibles.

“A colaboración institucional é a clave para conseguir proxectos importantes para preservar e mellorar a calidade das augas dos nosos cauces fluviais, sendo fundamental a implicación dos gobernos locais como canle de comunicación máis directo e claro, polo coñecemento que posúen das necesidades reais das zonas ás que representan” concluíu o presidente.