
Mos | O Concello de Mos realizou novas entregas de composteiros individuais á veciñanza e visitas con asesoramento técnico e seguimento aos equipos instalados nos últimos meses, dentro do programa municipal de xestión responsable dos biorresiduos.
O Concello conta xa con máis de 500 composteiros instalados, que dan servizo a arredor de 1.500 persoas. O obxectivo pasa por alcanzar nos próximos anos arredor de 1.500 composteiros activos entre fogares e grandes produtores, chegando progresivamente ao 50 % das vivendas individuais do municipio. Estas accións permitirán separar en orixe unhas 21 toneladas anuais de biorresiduos e evitar a emisión de preto de 19 toneladas de gases de efecto invernadoiro.




